Secretaría Uvigo

Axudas propias grupos e centros de investigación

TipoGrupos de investigación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019 AXUDAS UVIGO
Data inicio solicitudes07/05/2019
Data fin solicitudes28/06/2019
Descripción

A convocatoria de axudas propias a Grupos e Centros de Investigación, ten como obxectivos:

• facilitar o financiamento dos grupos de investigación de calidade da Universidade de Vigo
• incentivar ao persoal investigador na coordinación e participación en programas internacionais de I+D+i
• contribuír ao incremento na captación de recursos externos de I+D+i
• desenvolver a investigación no eido da creación artística

Tipos de axudas

I.A - Contrato programa
II.A - Proxectos internacionais de I+D+i
III.A - Organización Congresos
IV.A - Visitas investigadores/as
V.A - Montaxes e Exposicións

Observacións

 As solicitudes das axudas I.A, II.A, III.A e V.A deberan realizarse utilizando os modelos normalizados previstos na convocatoria. Virán acompañadas pola documentación prevista nas bases específicas de cada axuda e deberán presentarse no rexistro xeral ou nos rexistros auxiliares dos campus, sen prexuízo de que tamén poidan presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro) de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As solicitudes correspondentes á axuda IV.A (visitas) deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrado previamente. O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

Documentos de convocatoria
Atrás