Secretaría Uvigo

Axudas para estudantes con circunstancias económicas ou familiares especiais 2018/2019

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BCE
Data inicio solicitudes30/04/2019
Data fin solicitudes16/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal/
Requisitos

Atoparse nalgunha das seguintes situacións:

MODALIDADE A: Non ter dereito á bolsa xeral do MEFP por non cumprir os requisitos académicos e/ou económicos debido a concorrencia dalgunha circunstancia excepcional que xustifique o seu incumprimento, entre outras as seguintes:

  1. situación de desemprego dalgún dos/as sustentadores/as principais
  2. falecemento dalgún dos/as sustentadores/as principais
  3. separación ou divorcio da persoa solicitante ou dos/as sustentadores/as principais
  4. recoñecemento legal de discapacidade dalgún dos/as sustentadores/as principais cun grao igual ou superior ao 65%
  5. enfermidade grave dalgún membro da unidade familiar
  6. maternidade/paternidade da/o estudante
  7. xoves en réximen de acollida
  8. orfos absolutos, familias monoparentais
  9. estudantes solicitantes de dereito de asilo ou refuxio
  10. algunha outra circunstancia que sitúe a renda familiar en niveis que supoñan risco de exclusión social

MODALIDADE B: Ter a condición de vítima de violencia de xénero recoñecida cunha anterioridade mínima de 24 meses con respecto ao prazo de matrícula.

MODALIDADE C: Ter concedida no curso 2018/2019 a bolsa xeral do MEFP e ter dificultades económicas para o aboamento das materias en segunda matrícula.

Documentacion

MODALIDADE A:

  • Copia do NIF de todos os membros computables da unidade familiar. En caso de alumnado estranxeiro non comunitario, será obrigatorio a presentación do NIE e os de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España.
  • Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade
    familiar:
    • sentenza de divorcio ou convenio regulador
    • certificado de convivencia conxunto da unidade familiar
    • independencia económica e familiar...(contrato aluguer e xustificación de ingresos)
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:
    • título familia numerosa
    • acreditación de orfandade absoluta
    • certificado de discapacidade
    • irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso
      anterior 2017/2018 (expediente académico e contrato de aluguer)
  • Documentación acreditativa da situación alegada:
    • informes médicos
    • certificado desemprego
    • certificado discapacidade...
  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da
    unidade familiar do ano 2017.
  • Certificado de vida laboral actualizado á data de presentación da solicitude de cada un dos
    membros da unidade familiar que se atopen en situación de desemprego.

No caso de non ter a obriga de presentar a declaración da renda, deberá presentar:

  • Certificado de imputacións do exercicio 2017 dos membros que constitúen a unidade familiar á que pertence a persoa solicitante, expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)
  • Certificado de prestacións e subsidios de desemprego percibidos durante o ano 2017, expedido polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
  • Xustificante de ingresos do 2017 exentos de IRPF (RISGA, pensión de orfandade, pensión de discapacidade .......)

MODALIDADE B:

  • Copia do libro de familia
  • Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero (algún dos
    seguintes documentos):
    • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia
      autentificada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da
      medida cautelar.
    • Sentencia de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en
      calquera das modalidades definidas na presente lei.
    • Certificación e/o informe dos servicios sociais e/o sanitarios da Administración pública
      autonómica ou local.
    • Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
    • Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
    • Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social

MODALIDADE C: non é preciso presentar documentación, dada a súa condición de beneficiaria de bolsa MEFP.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. accede ao Impreso de solicitude en http://secretaria.uvigo.gal, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias ". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude.
  2. Para achegar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos debes facelo a través deste enlace
  3. NON É PRECISO QUE PRESENTES A SOLICITUDE NOS REXISTROS DA UVIGO

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

08/07/2019 Listaxe provisoria de axudas concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións ata o 19 de xullo a través do seguinte enlace

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás