Secretaría Uvigo

3ª Edición das Axudas INCUVI-AVANZA

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 INCUVI AVANZA
Data inicio solicitudes30/04/2019
Data fin solicitudes16/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4425
Descripción

Obxecto:

Axuda a persoas que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos na Universidade de Vigo e promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas na mesma

A axuda consiste en:

  • Mentorización: contarán cun equipo de consultaría que asesorará e mentorizará os proxectos durante 12 meses. A Universidade de Vigo contratará a empresa de consultaría por un custo máximo de 3000 € por proxecto. Trátase dunha axuda de especie.
  • Unha achega económica máxima de 3000 € por proxecto para facer fronte a custos de xestión e investimentos derivados da posta en marcha dos proxectos. O pagamento da achega económica efectuarase unha vez que as persoas beneficiarias acrediten o cumprimento das obrigas de xustificación sinaladas no punto 7 desta convocatoria.

Os gastos a subvencionar son:

    • Adquisición de equipamento e material instrumental.
    • Gastos de asesoramento.
    • Servizos de apoio para a elaboración do plan de negocio, para a saída ao mercado ou para a procura de investidores.
    • Gastos derivados da constitución como empresa: custos notariais, inscricións no rexistro mercantil, xestoría administrativa, etc.
    • Calquera outro que se considere relevante para a viabilidade do proxecto empresarial.

A axuda está suxeita á retención do IRPF establecida na lexislación tributaria.

Requisitos

Poderán participar nesta convocatoria as persoas beneficiarias dun premio na 7ª edición da convocatoria INCUVI EMPRENDE que desexen continuar o desenvolvemento do proxecto co que concorreran a INCUVI-Emprende, e teñan elaborado o correspondente plan de empresa

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada.

Documentación:

Memoria do plan de empresa, facendo constar expresamente que se trata dunha proposta orixinal. A memoria debe incluír unha análise estratéxica, plan de marketing, plan de operacións, plan de recursos humanos, plan económico-financeiro e forma xurídica da empresa. Valorarase a entrega dun modelo de negocio Canvas e a súa explicación.

Opcionalmente, poderase completar esta documentación cun vídeo de presentación do proxecto en formato mp4 de duración non superior a 2 minutos.

Debes subila nun ficheiro a través do formulario no momento de facer a solicitude

Observacións

A Comisión de Selección poderá declarar deserta a convocatoria en calquera dos campus se a calidade dos proxectos presentados non cumpre os mínimos esixibles para alcanzar os seus obxectivos.

 

As persoas beneficiarias deberán:

  • Desenvolver as actividades do proxecto subvencionado nos espazos seguintes:
    • Campus de Ourense: no CITI
    • Campus de Vigo: nun dos espazos de incubación dispoñibles no Parque Empresarial e Terciario Porto do Molle pertencentes ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, ou nalgún outro dos seus viveiros de empresas de non haber espazo dispoñible no Parque.
  • No prazo de 8 meses desde a resolución de concesión, xustificar a constitución legal da empresa, presentando na Área de Emprego e Emprendemento a seguinte documentación:
      1. Escritura de constitución en caso de persoa xurídica.
      2. Xustificación da alta no censo de empresarios (modelo 036 ou 037 da Axencia Tributaria).
      3. Xustificante de alta da empresa na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
      4. Documentación que xustifique a súa vinculación coa empresa.
      5. Copia do CIF da empresa
      6. Copia dos poderes nos que figura como representante legal da empresa
      7. Certificacións de atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e diante da Seguridade Social.
      8. Declaración responsable de non estar incursa en causa de prohibición para a obtencións de subvencións.
      9. Xustificante de estar dada de alta a entidade no Imposto sobre Actividades Económicas do epígrafe correspondente.
  • Presentar as facturas e xustificantes de pago de todos os gastos a subvencionar
  • Se para levar a cabo a actividade no espazo asignado fose necesaria a obtención de calquera tipo de licenza ou permiso, está obrigada a obtelo pola súa conta.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

24/05/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido

Observacións

Non habendo solicitudes excluídas, non se establece prazo de alegacións e trasládase o expediente para a valoración pola comisión de selección.

Documentos dunha fase de convocatoria:

13/06/2019 Listaxe provisoria de axudas concedidas e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 27 de xuño

Documentos dunha fase de convocatoria:

03/07/2019 Resolución reitoral da listaxe definitiva de bolsas concedidas

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás