Secretaría Uvigo

Convocatoria de admisión e matrícula nas ensinanzas de grao para o curso 2019/2020 (R.R. do 30 de maio de 2019)

TipoConvocatoria de estudos de grao
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoGRAO.2019/2020
Data inicio solicitudes01/06/2019
Data fin solicitudes30/11/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-graos
Descripción

En cumprimento do establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG do 22 de febreiro de 2019), nas normas de xestión académica para titulacións de grao aprobadas polo Consello de Goberno o 22/07/2009 e modificadas o 06/06/2014, e en aplicación do disposto no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e no Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, a reitoría, por resolución reitoral do 30 de maio de 2019, fai pública a convocatoria de admisión e matrícula coas normas que rexerán nas ensinanzas universitarias oficiais de grao para o curso académico 2019/2020.

Requisitos

Para a admisión, quen desexe incorporarse a unha titulación universitaria oficial de grao na UVigo, ademais de cumprir algún dos requisitos de acceso establecido no RD 412/2014 ten que solicitar praza polo procedemento de admisión que para cada caso corresponda. Os procedementos de admisión poden consultarse na norma segunda.

Poderá matricularse quen teña concedida a admisión por calquera dos procedementos establecidos na norma segunda desta convocatoria, quen desexe continuar os estudos xa iniciados e, quen se acredite como estudante de intercambio ou visitante, sempre que non se incorra nalgún dos supostos de impedimento establecidos na presente convocatoria, nas normas de xestión académica, na normativa de permanencia e, en resolucións, instruccións e nos plans de estudo. Todo o relacionado coa formalización da matrícula pode consultarse na norma terceira.

 

Documentacion

A documentación a presentar, segundo sexa para admisión ou para matrícula, pódese consultar nas normas segunda ou terceira respectivamente.

 

Observacións

É moi importante ter en conta que na UVigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a matrícula quedará formalizada dende o momento no que se complete o proceso e se xere a folla de liquidación, aínda que non se entregue a documentación e/ou que os prezos públicos non sexan aboados e/ou que non se faga uso das actividades académicas. O feito de non aboar os prezos públicos, de non entregar a documentación e/ou a non asistencia ás actividades académicas non implica a anulación automática da matrícula.

Quen precise solicitar recoñecemento de créditos pode consultar a información do apartado P.10 do ANEXO I

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Matricúlate: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-graos
Conta de correo electrónico institucional @uvigo.es: https://correoweb.uvigo.es/login.php
Prezos públicos: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos
Bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
Calendario académico: https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/calendario-academico
Servizo de Xestión de Estudos de Grao: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/organizacion-administrativa/servizo-xestion-estudos-grao
Acceso á secretaría virtual: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/secretaria
Como conseguir unha conta na uvigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/10
Xestións e trámites mentres estudas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/mentres-estudas
Aplicación informática NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta/
Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG): http://ciug.gal/
Servizo de Extensión Universitaria: https://www.uvigo.gal/campus/atencion-diversidade/que-podemos-axudar
Recuperar datos de acceso á secretaría virtual: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=incidencias&accion=recuperaDatosAcceso
Correo electrónico: Delegada de Protección de datos

NORMA PRIMEIRA. Réximes de matrícula

Descrición

Nas ensinanzas de grao os réximes de matrícula, segundo a que colectivo estea dirixida,
son ordinaria, de intercambio, visitante e de requisitos formativos complementarios.

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA SEGUNDA. Admisión

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA TERCEIRA. Matrícula

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA CUARTA. Modificación de matrícula

Descrición

Enténdese por modificación de matrícula a ampliación, a eliminación, a substitución dunhas
materias por outras, o cambio da inscrición das convocatorias de exame, as actualizacións
realizadas ao efectuar recoñecemento de créditos, cambios na modalidade de matrícula e, calquera
outra derivada do procedemento de revisión de matrícula.

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA QUINTA. Anulación total de matrícula

Descrición

É importante ter en conta que o feito de non aboar os prezos públicos de obrigado pagamento e/ou a non asistencia ás actividades académicas non implica a anulación automática da matrícula e que os prazos para solicitar anulación total de matrícula son os establecidos no apartado P.13 do anexo I. A solicitude realízase a través da secretaría virtual no apartado “Matrícula – opción: solicitudes” https://matricula.uvigo.es/

Quen teña no seu expediente unha matrícula en estado “arquivada” deberá emendar o motivo que deu lugar a esa situación tal como se indica na norma sexta.

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA SEXTA. Estado da matrícula

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA SÉTIMA. Dereito de avaliación

Descrición

O feito de asistir a clase e concorrer ás probas de avaliación nin implica que a persoa estea
matriculada na materia nin dá dereito a ser incluída ou incluído na acta de avaliación con
posterioridade á súa edición.
Só quen figure na acta de avaliación poderá ser cualificado nela. Non poderá ser cualificada
nas actas ningunha persoa que non estea matriculada na materia correspondente e en ningún caso
se autorizarán matrículas de materias con posterioridade á data de xeración das actas.

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA OITAVA. Simultaneidade de estudos universitarios oficiais

Descrición

Para matricularse en máis dunha titulación universitaria oficial, é necesario ter concedida a simultaneidade previamente á formalización da segunda matrícula

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA NOVENA. Horario para a realización de trámites e presentacións de solicitudes

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMA. Incompatibilidades académicas e horarios e impedimentos de matrícula

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMOPRIMEIRA. Tratamento de datos persoais

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMOSEGUNDA. Resolución de reclamacións e recursos

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMOTERCEIRA. Disposición adicional

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMOCUARTA. Normas finais

Documentos dunha fase de convocatoria:

NORMA DÉCIMOQUINTA. Entrada en vigor

Documentos dunha fase de convocatoria:

ANEXO I. OS PRAZOS

Descrición

Prazos de admisión, matrícula, recoñecemento de créditos, de presentación de documentación e de modificación e anulación total de matrícula.

Documentos dunha fase de convocatoria:

ANEXO II. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Descrición

Formalizada a matrícula, a aplicación mostra en formato PDF información importante relativa á entrega de documentación, polo que, quen se matricule dáse por notificado para estes efectos. Esta información permanece visible na secretaría virtual. Pasado o prazo de entrega e detectada a falta da mesma, procederase a cambiar o estado da matrícula pasando, de ser o caso, de “activa” a “arquivada” e non se notificará dito cambio.

As unidades administrativas requirirán documentación adicional cando precisen comprobar a veracidade dos datos persoais ou académicos no seu poder.

Documentos dunha fase de convocatoria:

ANEXO III. LUGARES PARA A REALIZACIÓN DE TRÁMITES

Documentos dunha fase de convocatoria:

ANEXO IV

Documentos dunha fase de convocatoria:

ANEXO V. MODELOS DE SOLICITUDE

Descrición

ADMISIÓN

Por recoñecemento dun mínimo de 30 créditos
- modelo A.2.3

Para retomar estudos de grao iniciados na UVigo logo de trasladar o expediente
- modelo A.2.4

Por cambio de centro entre titulacións co mesmo plan de estudos na UVigo
- modelo A.2.6

Ao curso de adaptación ao grao (curso ponte)
- modelo A.2.7

Para realizar RFC
- modelo A.2.8

Para cursar unha mención
- modelo A.2.9

Polo procedemento de prazas sobrantes
- modelo A.2.11

 

MATRÍCULA

De matrícula a tempo parcial
- modelo M.3.4

 

RECOÑECEMENTO

Para a transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES
- modelo R.00

Para o recoñecemento de créditos optativos por actividades culturais e/ou prácticas
- modelo R.01

 

XENÉRICA

Para calquera trámite relacionado co expediente do alumnado non recollido nos modelos anteriores

- modelo X.00

Atrás