Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2018/19

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BMD
Data inicio solicitudes23/04/2019
Data fin solicitudes24/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4386
Descripción

Obxecto:

Contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da asistencia a cursos, congresos, e  realización de actividades incluídas na súa programación académica, que impliquen desprazamento

Contía:

  < 7 días >= 7 días ata 14 días >=15 días ata 29 días
Península Ibérica e Baleares 250 € 450 € 650 €
Canarias  450 € 650 € 850 €
Europa e hemisferio norteafricano 500 € 800 € 1.100 €
Asia e Oceanía 1.000 € 1.300 € 1.600 €
Resto do mundo 800 € 1.100 € 1.400 €
Requisitos
  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2018/19 nalgún dos programas de doutoramento sinalados no Anexo II.
  • Realizar durante o curso 2018/2019 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos, nos seguintes termos:
    • estadías de ata 29 días (inclusive)
    • asistencia a cursos e congresos que non sexan obxecto de subvención na convocatoria de bolsas de viaxe da UVIGO.

Excepcionalmente, poderá solicitar estas bolsas alumnado que desenvolve o seu doutoramento a distancia e require acudir á Universidade de Vigo para a realización presencial de actividade formativa. Esta circunstancia requirirá unha xustificación específica que conte coa conformidade da Comisión Académica do Programa de Doutoramento. 

O desprazamento terá que estar iniciado antes do 01/10/2019.

  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou congreso/curso; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino; e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

  • Currículo
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas

Esta documentación debes subila a través do formulario no momento de facer a solicitude

Observacións

Para obter a axuda será necesario acadar como mínimo 20 puntos na valoración efectuada polas Comisións de Avaliación dos Programas de Doutoramento

 

As persoas beneficiarias deberán enviar á Sección de Bolsas a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso ou estadía na que figuren as datas de inicio e fin, no prazo de un mes dende a finalización da actividade subvencionada

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 37 61
Correo electrónico: areabolsasformacion@uvigo.es
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

17/06/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 24 de xuño

Documentos da fase da convocatoria:

02/08/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 29 de agosto

Infórmase que o Rexistro da Universidade de Vigo permanecerá pechado do 7 ao 19 de agosto

Documentos da fase da convocatoria:

10/09/2019 Resolución reitoral de bolsas concedidas e denegadas definitivas

Observacións

Os alumnos sinalados con * deberán acreditar documentalmente o custo realizado (facturas aloxamento e viaxes).

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás