Secretaría Uvigo

Bolsa para difusión da investigación do alumnado de Doutoramento en Protección do patrimonio cultural 2018/19

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BDIFUSIONDOUT
Data inicio solicitudes05/04/2019
Data fin solicitudes30/04/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4426
Descripción

Obxecto:

Axudar á difusión dos resultados das investigacións realizadas durante o período de formación do alumnado de doutoramento a través de publicacións científicas de impacto, congreso internacional ou canle equivalente

Conceptos da axuda:

  • Publicación dun artigo científico seleccionado nunha revista científica indexada Open Access.
  • Tradución ó idioma inglés dun artigo científico para o seu envío a unha revista científica indexada.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo científico presentado como comunicación oral nun congreso internacional con comité científico internacional.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo orientado á exposición museística

Contía máxima da bolsa:

  • Publicación: 1.195 €
  • Traducción: 200 €
Requisitos
  • Estar matriculado no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural no curso académico 2018/19 na Universidade de Vigo ou de Santiago de Compostela.
  • Ter superadas as seguintes actividades formativas:
    • Iniciación á investigación
    • Xestión de bases e información científica
    • Comunicación e difusión de traballos de investigación
    • Defensa do plan de investigación (todas as correspondentes ás anualidades anteriores ao ano en curso)
  • Estar en disposición de enviar un artigo ou traballo científico a un dos medios de difusión descritos no punto 1 da convocatoria (conceptos da axuda)
  • Non ter publicado ningún artigo de impacto no marco da súa investigación doutoral

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada.

Só se poderá presentar unha solicitude de axuda por alumno/a para un dos conceptos  da axuda (apartado 1 da convocatoria)

Documentación:

  • Compromiso asinado polas persoas directoras da tese conforme o/a alumno/a está en disposición de enviar ao medio de difusión solicitado un artigo ou traballo científico cos resultados das súas investigacións
  • O currículo correspondente ás actividades realizadas nos cursos 2016/17 e 2017/18.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma finalidade que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.

Debes subila nun ficheiro a través do formulario no momento de facer a solicitude

 

Observacións

Para obter a axuda será necesario acadar como mínimo 20 puntos na valoración efectuada pola Comisión Académica do programa

Dende a publicación da resolución definitiva de axudas concedidas:

As persoas beneficiarias deberán presentar na Sección de Axudas e Bolsas a aceptación do artigo proposto por parte do medio de difusión (publicación, congreso ou equivalente) no prazo máximo de 30 días NATURAIS. 

De non facelo entenderase que RENUNCIA

Dende a aceptación da publicación (DOI ou equivalente):

As persoas beneficiarias deberán enviar a Sección de Axudas e Bolsas a evidencia que avale a publicación definitiva do artigo científico, a presentación da comunicación oral en congreso ou equivalente no prazo máximo de 45 días

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

09/05/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas

Observacións

Non habendo solicitudes excluídas, non se establece prazo de alegacións e trasládanse os expedientes á Comisión de Avaliación

Documentos dunha fase de convocatoria:

24/05/2019 Corrección de erros da listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

Alegacións ata 31 de maio

Documentos dunha fase de convocatoria:

06/06/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións ata o 13 de xuño

 

Documentos dunha fase de convocatoria:

19/06/2019 Listaxe definitiva de bolsas concedidas

Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas deberán presentar na Sección de Axudas e Bolsas a aceptación do artigo proposto por parte do medio de difusión (publicación, congreso ou equivalente) no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a publicación da resolución definitiva de axudas concedidas

Enviar á Sección de Bolsas e Axudas no prazo máximo de 45 días desde a aceptación da publicación (DOI ou equivalente) a evidencia que avale a publicación definitiva do artigo científico, a presentación da comunicación oral en congreso, ou equivalente

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás