Secretaría Uvigo

Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense - INOU 2019

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINOU-19
Data inicio solicitudes02/04/2019
Data fin solicitudes25/04/2019
Descripción

A presente convocatoria ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo, a Deputación de Ourense e a provincia de Ourense, apoiando as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do Campus de Ourense-Campus da Auga. Para iso financiaranse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura e a gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos, especialmente os relacionados coa especialización do Campus da Auga, ou calquera outro sempre que se xustifique axeitadamente a súa relación coa provincia de Ourense.

Ao mesmo tempo pretende ser unha vía para que o persoal investigador a tempo completo máis novo e os que teñan máis dificultades para acudir a outras convocatorias, podan poñer en marcha os seus proxectos.

Esta convocatoria persegue impulsar a interacción entre grupos de investigación do Campus de Ourense de distintos ámbitos de coñecemento a) Matemáticas, Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde, b) Ciencias Xurídico-Sociais, c) Humanidades e Creación Artística d) Tecnoloxía.

Requisitos

Características dos proxectos

Co fin de garantir a colaboración entre distintos ámbitos de coñecemento, a solicitude consistirá na proposta dun proxecto coordinado formado, como mínimo, por dous subproxectos. O proxecto coordinado terá, polo menos, participación de dous ámbitos de coñecemento, independentemente do número de subproxectos que o conformen. Cada subproxecto terá asignado un/unha investigador/a principal, sendo un deles, ademais, o/a investigador/a coordinador/a, que será o/a que presente a solicitude.

Ningún grupo de investigación dos recollidos no catálogo de grupos de investigación da Universidade de Vigo poderá presentar máis dun subproxecto.

Requisitos específicos do persoal investigador

Requisitos do persoal investigador principal do proxecto coordinado e dos subproxectos:

  • Ter unha relación contractual laboral a tempo completo coa Universidade de Vigo como mínimo ata a data de finalización da execución da subvención, queda excluído o persoal investigador contratado con cargo a proxectos de investigación.
  • Desenvolver a súa tarefa investigadora no Campus de Ourense. Entenderase que a pertenza a unha das Xuntas de Centro deste Campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Non ter sido investigador/a principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.
  • Non ter recibido financiamento desta convocatoria no ano 2018 como investigador/a principal.
  • Non ter sido investigador/a principal de dúas ou máis axudas INOU nas 5 últimas convocatorias.
  • Ningún investigador/a principal poderá figurar na solicitude de máis dun subproxecto.

Requisitos do persoal do equipo de investigación:

  • Cada subproxecto terá que estar apoiado por un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar, vinculados co Campus de Ourense durante todo o período de execución do proxecto, con dedicación a tempo completo, queda excluído o persoal contratado con cargo a proxectos de investigación.
  • Non ser actualmente investigador/a principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.
  • Ningún investigador/a poderá figurar na solicitude de máis dun subproxecto.

 

Documentacion

A solicitude estará composta dos seguintes apartados:

  • Datos da persoa solicitante coordinadora do proxecto.
  • Resumo do proxecto coordinado.
  • Xustificación do interese do tema do proxecto coordinado e estado actual do tema.
  • Memoria de coordinación.
  • Datos dos membros do equipo de cada subproxecto (como mínimo o/a investigador/a principal máis dous/dúas investigadores/as por subproxecto).
  • Resumo por subproxecto.
  • Obxectivos xerais e específicos de cada subproxecto e resultados a obter relacionados cos obxectivos e as tarefas dos subproxectos.
  • Planificación de tarefas, descrición e tempo de dedicación do persoal investigador asignado a cada tarefa.
  • Orzamento solicitado por subproxecto con indicación dos conceptos de gasto e indicación do importe de cada concepto.
  • Relación dos dez méritos máis relevantes por subproxecto dos recollidos no anexo II (como mínimo dous méritos de cada un dos/as investigadores/as principais), indicarase para cada un dos méritos o código de valoración, a súa descrición e a puntuación que lle corresponde, así como a documentación xustificativa.
Documentos de convocatoria

Listaxe provisoria de admitidos/excluídos

Descrición

Establécese un prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación desta resolución, para emendar as causas de exclusión ante a Vicerreitoría do Campus de Ourense - Campus da Auga.

Prazo ata o 14.05.2019

Documentos dunha fase de convocatoria:

Listaxe definitiva solicitudes admitidas/excluídas INOU2019

Documentos dunha fase de convocatoria:

Listaxe provisoria de axudas concedidas e denegadas INOU2019

Documentos dunha fase de convocatoria:

Listaxe definitiva de axudas concedidas e denegadas INOU2019

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás