Secretaría Uvigo

Axudas para redactar e defender Teses de Doutoramento, Traballos Fin de Grao e Máster en galego, 2018/19

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBPTG1819
Data inicio solicitudes05/04/2019
Data inicio solicitudes30/08/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4424
Descripción

Convócanse:

  1. Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento presentadas no curso 2018/2019 polo alumnado da Universidade de Vigo.
  2. 25 premios como recoñecemento á calidade lingüística distribuídos entre os traballos de fin de grao (15 premios) e de mestrado (10 premios) garantindo en todo caso 2 premios por rama de coñecemento en grao e 1 premio por rama en mestrado.

Contías:

  • Tese de doutoramento: 600 €
  • Traballo de fin de grao e traballo de fin de mestrado: o importe adxudicado será o resultado de repartir entre as 25 persoas premiadas o crédito restante despois da adxudicación dos premios á teses de doutoramento, ata un máximo de 400 €.

Durante a vixencia desta convocatoria, cada persoa só poderá recibir a axuda por un dos conceptos recollidos nela.

Requisitos
  • Presentar e defender a tese de doutoramento, o traballo de fin de grao ou o traballo de fin de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2018/2019 e, en todo caso, antes do 30 de agosto de 2019.
  • Redactar e defender as teses e os traballos fin de grao e de mestrado integramente en lingua galega para o que debe presentar o informe do director/a ou titor/a no curso 2018/2019, e en todo caso antes do 30 de agosto de 2019.
  • Obter unha cualificación mínima de notable (8) no traballo de fin de grao ou no traballo de fin de mestrado
Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

  • Declaración do director/a da tese ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu en lingua galega (Anexo II).
  • Copia do traballo ou tese

Debes subila nun ficheiro a tarvés do formulario no momento de facer a solicitude

Observacións

A comisión avaliadora encargarase de seleccionar os traballos presentados de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).

Criterios:

  • Coñecemento da gramática: 40 %
  • Calidade na redacción: 20 %
  • Uso correcto da terminoloxía especializada: 20 %
  • Emprego da linguaxe inclusiva: 10 %
  • Ortotipografía: 10 %

Terán prioridade os premios adxudicados ás teses de doutoramento

 

A Universidade de Vigo, por medio da Área de Normalización Lingüística, ofrécelles apoio lingüístico e asesoramento resumido nas seguintes actividades:

    • Servizo de consulta lingüística e terminolóxica.
    • Asesoramento na corrección das teses
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás