Secretaría Uvigo

Programa de Retención de Talento da Universidade de Vigo. Convocatoria 2019

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRETENCIÓN_19
Data inicio solicitudes21/03/2019
Data fin solicitudes01/04/2019
Descripción

A presente convocatoria ten como obxectivo a realización dun proceso selectivo para a contratación como persoal laboral temporal de investigadoras ou investigadores doutoras/es, que teñan desenvolvido a súa actividade investigadora postdoutoral na Universidade de Vigo no cadro de determinados programas competitivos internacionais, nacionais e autonómicos.

 

Requisitos

a. Ser ou ter sido persoal investigador a tempo completo da Universidade de Vigo na modalidade de Ramón y Cajal, Marie Curie na súa modalidade Individual Fellowship, Juan de la Cierva na súa modalidade de incorporación, I2C-modalidade B da Xunta de Galicia ou na convocatoria Marie Curie Fellowsea do Campus do Mar e que a data de finalización do seu contrato estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2019, acumulando nese momento unha antigüidade mínima no posto de dous anos de forma continuada na Universidade de Vigo (agás interrupcións nos contratos directamente motivadas polas datas de resolución das convocatorias correspondentes).


b. Dispoñer da acreditación da ANECA ou da ACSUG como Profesor/a Contratado/a Doctor ou ben como Profesor/a Titular de Universidade.


c. Non ter avaliación negativa na convocatoria correspondente ao seu contrato.


Non poderán participar aquelas persoas que finalizasen voluntariamente a súa relación contractual coa Universidade de Vigo antes da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Documentacion

- Copia da certificación da acreditación da ANECA ou ACSUG como Profesor Contratado Doctor ou ben como Profesor Titular de Universidade.
- Copia da certificación I3 no caso de posuíla.
- Curriculum vitae detallado. Non é necesario aportar os xustificantes dos méritos indicados no currículum no momento da solicitude.
- Un resumo (máximo dúas páxinas) da liña de investigación a desenvolver durante a duración do contrato.

Documentos de convocatoria

Solicitude

Documentos dunha fase de convocatoria:

Admisión

Documentos dunha fase de convocatoria:

Concesión

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás