Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Responsabilidade Social Universitaria e Axenda 2030, curso 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-RSU
Data de inicio de solicitudes08/03/2019
Data de fin de solicitudes21/03/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4408
Descripcion

Convócanse: 1 bolsa no Campus de Vigo e 1 bolsa no Campus de Ourense

Período formativo: 3 meses (1 de maio ata o 31 de xullo de 2019)

Horas: 10 h/semanais

Contía: 275,00 €/mes

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de:
    • Grao das ramas de Ciencias e de Ciencias Sociais e Xurídicas.
    • Máster das ramas de Ciencias e de Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • No caso do alumnado de Grao ter superados o 75% dos créditos dos estudos de Grao dos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion
  • Certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Documentación acreditativa do nivel de inglés.
  • Documentación acreditativa dos cursos de formación relacionados co plan formativo

IMPORTANTE: Debes subila nun ficheiro a través do formulario ao facer a solicitude

Observaciones

Ao rematar de curbir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario á solicitude non será tramitada.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Atrás