Secretaría Uvigo

INNOVAPEME

TipoTransferencia
Organismo convocanteXunta de Galicia
CódigoIN848D
Data inicio solicitudes08/02/2019
Data fin solicitudes08/04/2019
Descripción

Axudas ás pemes para o financiamento de actividades integradas en plans de innovación que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Requisitos

Beneficiarios: Micro, pequenas e medianas empresas.

As Universidades poden participar como colaboradoras das empresas. Ditas colaboracións non son obrigatorias, pero poderán supor ata un máximo de 15 puntos (sobre 100) no proceso de avaliación e non deben superar o 50% do importe da actividade subvencionada. Poden prestar os seguintes servizos:

  • Asesoramento en materia de innovación
  • Tarefas de innovación en materias de procesos ou organización
  • Licenzas de propiedade industrial (patentes) e software de I+D+i
  • Outros servizos de apoio (laboratorios, ...)
Documentacion

Na UVIGO a colaboración deberá estar recollida nun contrato que debe ser previamente revisado pola Oficina de I+D (OTRI).

O prazo para a presentación da proposta de contrato nesta Oficina para a súa sinatura finalizará o 1 de abril de 2019.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
DOG: 8 de febreiro de 2019: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190208/AnuncioG0198-100119-0001_gl.pdf
Información GAIN: http://gain.xunta.gal/artigos/379/InnovaPEME2019
Atrás