Secretaría Uvigo

Bolsa Comedor para alumnado de Grao e Máster, 2018/19

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018_2019 BC
Data inicio solicitudes11/02/2019
Data fin solicitudes08/03/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal
Descripción

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica que poda dificultar o seu acceso e permanencia na universidade

Contía: 500 €

Requisitos

Requisitos académicos

a) Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso académico 2018/2019 de curso completo ou 60 créditos, agás o Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Produtos da Pesca no que se esixe 30 créditos.

b) Estar matriculado/a no curso anterior ou no último realizado dos mesmos créditos sinalados no apartado anterior (o alumnado que inicia estudos universitarios non ten que cumprir este requisito).

c) O alumnado deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na Universidade (o alumnado que inicia estudos universitarios non ten que cumprir este requisito):

  • 50% dos créditos matriculados en Graos da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • 60% dos créditos matriculados no resto das titulacións de diplomado, licenciado e grao.
  • 80% dos créditos matriculados nas titulacións de Máster

Requisitos económicos:

a) Que a renda anual non poderá exceder de 4.000 € por membro da unidade familiar.

b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares:

    • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €
    • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €. Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2018/2019

 

Documentacion

Se presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico.

Se NON presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación deberás presentar a documentación indicada no punto 5 da convocatoria.

 

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. accede ao Impreso de solicitude en http://secretaria.uvigo.gal, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias / comedor". Ao chegar ao final garda o pdf como resgardo de solicitude.
  2. Para achegar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos debes facelo a través deste enlace
  3. NON É PRECISO QUE PRESENTES A SOLICITUDE NOS REXISTROS DA UVIGO

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

11/06/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas (Corrección de erros da listaxe publicada o 10 de xuño)

Descrición

Advertido un erro na listaxe provisoria publicada o 10 de xuño de 2019 pola Sección de Axudas e Bolsas e unha vez feitas as correccións correspondentes, se  procede a publicar a:

  • listaxe provisoria de bolsas concedidas
  • listaxe provisoria de denegadas
  • listaxe de agarda
Observacións

Alegacións ata o 24 de xuño

 

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas, deberá presentarse a través do formulario dispoñible no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5111

Documentos da fase da convocatoria:

03/07/2019 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás