Bolsas de formación en desenvolvemento sostible, medio ambiente e "PLAN SuMA" 2017/2018

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoOMASuMA2017/2018
Data de inicio de solicitudes12/09/2017
Data de fin de solicitudes22/09/2017
Descripcion

O obxecto das bolsas é a formación complementaria do estudantado da Universidade de Vigo no ámbito do desenvolvemento sostible medio ambiente e “Plan de sustentabilidade e medio ambiente (plan SuMA)”

Requisitos

As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso académico 2017/2018 en titulacións oficiais de grao ou máster das ramas de Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura.
  • No caso de optar as bolsas do Plan Suma: ter superado o 50% dos créditos no caso de estudantes de grao, e o 100% dos estudos que dan acceso ao máster no caso de estudantes de máster.
  • Non estar nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Documentacion
  • A fotocopia do NIF, NIE ou pasaporte en vigor.
  • Currículo, indicando os cursos de formación realizados que considere de interese para o desenvolvemento da bolsa xunto coas copias dos documentos acreditativos. (A Comisión de Valoración de consideralo oportuno poderá requirir a achega dos orixinais).
  • A certificación académica oficial dos estudos realizados fóra da Universidade de Vigo.
  • A solicitude de compatibilidade de bolsa, no caso de alumnado que teña concedida unha bolsa distinta ás axudas ou estudio do MECD para o curso 2017/2018.
  • A ficha persoal de pagamentos (véxase o anexo II)
Observaciones

Solicitudes a través do formulario electrónico

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/index.html
Atrás