Secretaría Uvigo

Bolsa de Mobilidade para Enxeñarías do grupo GE4

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código27122018/1
Data de inicio de solicitudes28/12/2018
Data de fin de solicitudes25/01/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/
Descripcion

RESOLUCIÓN REITORAL DE 27 DE DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE SE ABRE A CONVOCATORIA DE 3 PRAZAS DE INTERCAMBIO PARA ESTUDANTES DE ENXEÑARÍAS NO CADRO DO GE4 PARA O PRIMEIRO
CUADRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019-20 DENTRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE VIGO E O GE4 (Global Education: Exchange for Engineers and Entrepreneurs)


A Oficina de Relacións Internacionais (en diante ORI) da Universidade de Vigo participa no programa
de intercambio co GE4 para as escolas de enxeñaría, dentro do acordo existente entre ambas as dúas
institucións. O GE4 (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs) (www.ge4.org) é
unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia de estudantes e
docentes no ámbito da enxeñaría.

Requisitos

Estar matriculado/a no curso académico 2018-19 no 3º ou 4º curso dos graos ou nos másteres de máis de 60 ECTS que se ofertan nas Escolas de Enxeñaría da Universidade de Vigo. Declaración conforme estará matriculado no curso académico 2019-20 durante o seu período de intercambio que ser fará constar no formulario de solicitude.

Contar coa carta de recomendación dun docente da UVIGO para a realización do intercambio académico.

 

Documentacion


A solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación que será enviada desde a
ORI ao Director Ejecutivo do GE4:

- Anexo I: Formulario do GE4

- Escrito dunha páxina en inglés, incluíndo a motivación para participar no programa así como
as áreas específicas de estudo ou investigación.

- Certificación académica oficial en inglés.

- Unha carta de recomendación dun docente da Universidade de Vigo.

- Certificado acreditando o coñecemento da lingua inglesa.

- Certificado acreditando o coñecemento doutros idiomas relacionados coas universidades de
destino.

- Copia do pasaporte.

 

Observaciones

O formulario de solicitude en liña atoparase na Secretaría Virtual (formularios e enquisas) da Universidade de Vigo. As persoas candidatas deberán imprimir unha copia da solicitude e presentala asinada, xunto coa documentación requirida, nos rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicación desta convocatoria e remata o 25 de xaneiro de 2019.

 

 

Documentos de convocatoria

Listados provisionais de admitidos

Descrición

RESOLUCIÓN REITORAL DO 30 DE XANEIRO DE 2019 POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO MARCO DA CONVOCATORIA DE 3 PRAZAS DE INTERCAMBIO DE ENXEÑARÍAS CO GE4 PARA O PRIMEIRO CUADRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019-20.

Documentos dunha fase de convocatoria:

Listados definitivos de admitidos

Descrición

RESOLUCIÓN REITORAL DO 14 DE FEBREIRO DE 2019 POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO MARCO DA CONVOCATORIA DE 3 PRAZAS DE INTERCAMBIO DE ENXEÑARÍAS CO GE4 PARA O PRIMEIRO CUADRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019-20.

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás