Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en deseño textil, 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-07
Data de inicio de solicitudes02/01/2019
Data de fin de solicitudes18/01/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3658
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda
  • Ter superados 60 créditos do 1º curso. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses naturais independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Cursos relacionados co perfil formativo

A documentación non presentada non será tida en conta para a valoración dos expedientes pola comisión de avaliación

Observaciones

No caso de presentar documentación debes subila nun ficheiro a través do formulario para facer a solicitude

IMPORTANTE: Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de xaneiro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Atrás