Bolsas Comedor 2017/2018

TipoAxuda asistencial
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBCOMEDOR2017/2018
Data de inicio de solicitudes06/09/2017
Data de fin de solicitudes23/10/2017
Descripcion

Destinada a garantir a igualdade de oportunidades de persoas pertencentes a unidades familiares con rendas baixas que se matriculen na Universidade de Vigo no curso 2017/2018 en titulacións oficiais de grao, máster ou titulacións a extinguir

Requisitos

Poderá participar na presente convocatoria o alumnado que estea matriculado en calquera centro universitario dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo nalgunha das titulacións de grao ou máster oficial, quedando excluído o alumnado matriculado en formación continua ou en programas de doutoramento.

Requisitos académicos

  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2017/2018, de curso completo. ou materias soltas sempre que o número mínimo de créditos sexa o especificado no anexo I.
  • Estar matriculado no curso anterior ou no último realizado, no número mínimo de créditos especificado no anexo I, a excepción das persoas que inician estudios universitarios.
  • O alumnado deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na ou noutra Universidade, as materias ou créditos que se especifican no anexo I.

Requisitos económicos

 A renda anual non poderá exceder de 3.000 € por membro da unidade familiar.

Documentacion

1.     Copia do NIF da persoa solicitante ( no caso de non ter solicitado bolsa anteriormente) e de todos os membros computables da unidade familiar. No caso do alumnado estranxeiro será obrigatoria a presentación do NIE da persoa solicitante e a de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España.

2.     Os estudantes procedentes doutras Universidades copia de certificación académica persoal coas cualificacións obtidas no último curso no que realizaran estudos universitarios.

3.     Documento dos datos identificativos da conta na que desexa percibir a bolsa que lle será facilitado pola súa entidade bancaria. A persoa solicitante deberá ser titular ou cotitular da conta.

4.     Copia dos recibos do imposto de bens inmobles de natureza urbana do ano 2016, excluída a vivenda habitual.

5.   Certificado municipal de convivencia dos ascendentes dos pais e/ou irmáns e irmás maiores de 25 anos nocaso de que sexan membros computables.

6.   No caso de que as administracións tributarias non dispoñan de datos ou existan dificultades técnicas que impidan a súa cesión, a persoa solicitante deberá presentar os documentos que acheguen información sobre a renda e patrimonio da unidade familiar.

7.   Acreditación do contrato de arrendamento do piso, no que figure a persoa solicitante, arrendador/a e referidos ao curso 2017/2018, no caso de que o solicitante sexa independente.

8.   Calquera outro documento que a Comisión de Selección estime necesario para a correcta resolución da solicitude e que lle sexa solicitado.

Observaciones

Solicitudes a través do formulario electrónico

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/asistenciais/
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Teléfono: 986 81 36 11
Atrás