Secretaría Uvigo

Beatriz Galindo_Administración de Empresas

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBEAGAL18/00152
Data inicio solicitudes24/04/2019
Data fin solicitudes24/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/277089/ficha/277089-2018-fase2.html
Descripción

O obxectivo desta convocatoria é a realización dun proceso selectivo para a contratación dunha persoa como investigadora distinguida por un período de 4 anos cuxo obxecto será a realización de actividades de investigación e docencia dentro do marco de funcións e fins da Universidade de Vigo en coherencia co perfil da praza descrito nos documentos anexos.

Requisitos

1. Posuír un título de Doutora ou Doutor no ámbito de Administración de Empresas, Enxeñaría Industrial ou Economía.
2. Ter experiencia posdoutoral en docencia e investigación nunha universidade e/ou entidade estranxeira recoñecida no seu país como centro I+D+i de, como mínimo, dous anos.
3. Publicar en revistas relevantes (primeiro cuartil JCR) en xestión de operacións industriais asociada á introdución de novas tecnoloxías, loxística sustentable e aos retos relacionados co cambio climático.
4. Ter experiencia posdoutoral docente en posgrao.
5. Ter experiencia en dirección de equipos de investigación, xestión de proxectos e solicitude de patentes.
A data que será tida en conta para os efectos de cómputo da antigüidade de quen presente a súa solicitude será o último día de prazo de presentación de solicitudes.

Non poderá presentar solicitude o persoal docente ou investigador que estea a gozar unha axuda económica de análoga natureza á contida nesta convocatoria.



Documentacion

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Ministerio no seguinte enlace:  Solicitudes Beatriz Galindo   e cubrirse necesariamente en inglés.


Este enlace estará activo única e exclusivamente durante o prazo de presentación de solicitudes:
- Apertura: 08.00h da mañá do día 24 de abril de 2019, horario peninsular en España.
- Peche: 17.00h da tarde do día 24 de maio de 2019, horario peninsular en España.


A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Proxecto docente vinculado á xestión de operacións e economía empresarial, con especial énfase en innovación e excelencia operativa.
b) Proxecto de investigación e transferencia do coñecemento. O proxecto debe enmarcarse na axenda proposta por ECOBAS: “Operational excellence and low carbon manufacturing: an evolutionary analysis of capabilities and technologies in the context of Industry 4.0”.
c) Curriculum vitae de quen presenta a solicitude onde deberá aparecer a relación das estadías predoutorais e posdoutorais realizadas e a vinculación actual con universidades ou centros de investigación estranxeiros así recoñecidos, as publicacións requiridas, así como a acreditación da experiencia na dirección de equipos de investigación, xestión de proxectos, solicitude de patentes e subvencións e a experiencia en formación de posgrao.
d) Memoria explicativa do retorno para a Universidade de Vigo do proxecto docente e do proxecto de investigación e transferencia do coñecemento.
A non presentación en prazo desta información non poderá ser obxecto de emenda e determinará a inadmisión da solicitude.

Observacións

Para obter máis información sobre o proxecto docente e investigador a desenvolver pola persoa seleccionada, deben consultarse os documentos «Teaching Plan» e «Research and Transfer Project» que acompañan esta resolución.

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás