Premios á excelencia académica 2017 para estudantes que inicien estudos de Grao

TipoPremio
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPEA2017/2018
Data de inicio de solicitudes02/08/2017
Data de fin de solicitudes20/10/2017
Descripcion

Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva de 45 axudas en especie consistentes na entrega dunha tableta para estudantes que inicien estudos universitarios en titulacións de grao na Universidade de Vigo no curso académico 2017/2018

Requisitos

Requisitos xerais:

  • Iniciar estudos universitarios en calquera das titulacións oficiais de grao impartidas nos centros propios da Universidade de Vigo no curso académico 2017/2018.
  • Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior de formación profesional no curso académico 2016/2017.
  • Ter debidamente aboado o pagamento da matrícula 2017/2018 na Universidade de Vigo.
  • Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Requisitos específicos:

  • Obter premio extraordinario de bacharelato da Xunta de Galicia no curso 2016/2017, segundo a relación de adxudicación publicada no DOG por orde da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 
  • Terse clasificado no 1º, 2º ou 3º posto de calquera das fases autonómica, nacional ou internacional dalgunha das olimpíadas científicas celebradas ao longo do curso 2016/2017, sempre que estean recoñecidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) ou polas consellerías das Comunidades Autónomas que teñan competencias en educación, ou ben participe na súa organización algunha Universidade.
  • Sen estar nun dos dous apartados anteriores, acreditar unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos na valoración do expediente académico no bacharelato, na convocatoria de xuño do curso 2016/2017.
  • Sen estar nun dos apartados anteriores acreditar unha puntuación igual ou superior a 9 puntos na valoración do expediente académico do ciclo formativo superior de formación profesional, na convocatoria de xuño do curso 2016/2017.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

- Solicitude asinada na que consten os datos persoais.

- Copia do NIF da persoa solicitante

- Copia cotexada do historial académico do bacharelato, ou do ciclo superior de formación profesional, expedido polo centro educativo no que a persoa solicitante cursou os seus estudos e no que conste a nota media.

- Copia cotexada da certificación acreditativa da condición de gañador/a, 2º ou 3º clasificado/a da fase autonómica, nacional ou internacional dalgunha das olimpíadas científicas, de ser o caso.

- Copia cotexada da certificación acreditativa da obtención do premio extraordinario de bacharelato, de ser o caso.

- Declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa a Seguridade Social.

Observaciones

Solicitudes a través do formulario electrónico

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/premios/
Atrás