Bolsas de sistemas informáticos-CREACIÓN 2017

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBSIC2017/2018
Data de inicio de solicitudes18/07/2017
Data de fin de solicitudes11/09/2017
Descripcion

Convocatoria de 3 bolsas para o estudantado da Universidade de Vigo no ámbito dos sistemas informáticos da creación.

Requisitos

 

Estas bolsas están destinadas ao estudantado da Universidade de Vigo que estea cursando estudos de grao ou máster oficial no curso 2017/2018 e manteña a condición de alumno/a destes estudos durante todo o período de duración da bolsa.

 

Queda excluído o alumnado de estudos non oficiais e o alumnado de doutoramento.

 

En todo caso os solicitantes, deberán ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao, dos que están matriculados; ou o 100% dos que lle deron acceso ao máster oficial do que están matriculados. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.

Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concurra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

Xunto coa solicitude, as persoas solicitantes deben presentar a seguinte documentación:

  1. A fotocopia do NIF, NIE, pasaporte ou documento de identificación vixente.

  2. A certificación académica oficial; no caso de que os estudos se realizaran noutra universidade distinta da Universidade de Vigo.

  3. A ficha persoal de pagamentos (Anexo 1)

  4. Declaración responsable das axudas para calquera finalidade, coa excepción da convocatoria xeral do MECD, das que se gozará durante o período de prestación da presente bolsa (Anexo 2).

O currículo; indicaranse os cursos de formación que se consideren de interese para o desenvolvemento da bolsa acompañados dos documentos acreditativos dos mesmos e das horas correspondentes. (A Comisión de Valoración poderá requirir a achega dos orixinais se o considera oportuno).

Observaciones

Por estar pechados os rexistros da universidade o 8 de setembro prorrógase o prazo de presentación de solicitudes ata o 11 de setembro (RR de 16 de novembro de 2005)

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81.40.94
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/

22/09/2017 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 29 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás