Bolsas informáticas e ATIC 2017

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBATIC2017/2018
Data de inicio de solicitudes18/07/2017
Data de fin de solicitudes11/09/2017
Descripcion

Convocatoria de 92 bolsas tipo PC e 22 bolsas tipo SC para estudantes de estudos de grao, ou máster oficial no curso 2017/2018.

Requisitos

Estas bolsas están destinadas ao estudantado da Universidade de Vigo que estea cursando estudos de grao, ou máster oficial no curso 2017/2018 e manteña a condición de alumno/a destes estudos durante todo o período de duración da bolsa.

Queda excluído o alumnado de estudos non oficiais e o alumnado de doutoramento.

A persoa beneficiaria da bolsa deberá estar matriculada na Universidade de Vigo durante todo o período de duración da mesma.

Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concurra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

As persoas solicitantes xunto coa solicitude deben presentar os seguintes documentos:

  1. A fotocopia do NIF, NIE, pasaporte ou documento de identificación vixente.

  2. A certificación académica oficial; no caso de que os estudos se realizaran noutra universidade distinta da Universidade de Vigo.

  3. A ficha persoal de pagamentos (Anexo 4)

  4. Declaración responsable das axudas para calquera finalidade, coa excepción da convocatoria xeral do MECD, das que se gozará durante o período de prestación da presente bolsa (Anexo 5).

Observaciones

Por estar pechados os rexistros da universidade o 8 de setembro prorrógase o prazo de presentación de solicitudes ata o 11 de setembro (RR de 16 de novembro de 2005)

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81.40.94
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/

22/09/2017 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 29 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás