Bolsas desprazamento Doutoramento 2017

TipoBolsa de mobilidade
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoDDC012017
Data de inicio de solicitudes29/04/2017
Data de fin de solicitudes16/05/2017
Descripcion

Convocatoria de 103 bolsas de desprazamento para estudantes de doutoramento da Universidade de Vigo en programas adaptados ao espazo europeo de educación superior para o ano 2017

Requisitos

Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2016/17 nalgún dos programas mencionados no anexo I. En todo caso deberá de  estar matriculado no curso 2017/2018 se a mobilidade se realiza despois de  iniciado dito curso.

Realizar a actividade, que de acordo coa súa programación académica, implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación ou a asistencia a congresos ou a cursos.

Contar co informe favorable das persoas directoras da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

Documentacion

Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor.

No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.

Currículo.

Descrición da estadía para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou congreso/curso; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino (no caso de cursos e congresos indicar o tipo de participación e achegar unha copia da comunicación que se vai a presentar, de ser o caso); e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

Compromiso de matrícula no curso 2017/18, se a actividade a subvencionar se estende máis alá do curso 2016/17.

Declaración de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Observaciones

Non poderán ter dereito a estas bolsas aqueles alumnos que teñan outras axudas públicas ou provadas para esta finalidade.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986.81.37.61
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/mobilidade/

26/05/2017 Listaxe provisorio de persoas admitidas e excluídas

Observacións

O prazo de alegacións remata o 2 de xuño de 2017

Documentos dunha fase de convocatoria:

08/06/2017 Listaxe definitiva de persoas admitidas e exluídas

Observacións

Próximamente será publicado o listado de persoas ás que se lle concede a bolsa según a selección efectuada pola Comisión de Avaliación entre as solicitudes admitidas

Documentos dunha fase de convocatoria:

05/09/2017 Listaxe provisional de bolsas adxudicadas e denegadas

Observacións

O prazo de presentación de alegacións está aberto ata o día 13 de setembro.

Documentos dunha fase de convocatoria:

15/09/2017 Listaxe definitiva de bolsas adxudicadas e denegadas

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás