2ª convocatoria de bolsas de formación en difusión de actividades culturais e deportivas no campus de Ourense, 2018/19

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-0301
Data de inicio de solicitudes07/11/2018
Data de fin de solicitudes20/11/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3640
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas seguintes titulacións da Universidade de Vigo:
    • Grao en Enxeñaría Informática
    • Grao en Turismo
    • Grao en Historia
    • Grao en Traballo social
    • Máster Universitario en Enxeñaría Informática
    • Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
    • Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
    • Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
      • Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
      • Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
    • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao dos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
    • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  1. Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  2. Curriculum Vitae
  3. Documentación acreditativa dos méritos alegados
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

22/11/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

Alegacións ata o 29 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

04/12/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións ata o 12 de decembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás