2ª convocatoria de bolsas de formación relacionadas cos Sistemas Informáticos 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-0103
Data de inicio de solicitudes17/10/2018
Data de fin de solicitudes30/10/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3631
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Convócanse 10 bolsas consonte a seguinte distribución por campus:

  • Campus de Ourense: 3
  • Campus de Vigo: 7
    o Ámbito tecnolóxico: 2
    o Ámbito científico: 1
    o Ámbito humanidades / xurídico-social: 4
Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • No caso dos estudantes de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Ter superado un mínimo 5 materias vinculadas das sinaladas no Anexo II.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses naturais independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

No caso de presentar documentación debes subila a través do formulario online nun so arquivo comprimido

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

08/11/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

Alegacións ata o 15 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

19/11/2018 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e denegada

Observacións

Prazo de alegacións ata o 26 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

27/11/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Convócase ao alumnado con bolsa concedida no Campus de Vigo ao acto de escolla que terá lugar mañá día 28 as 10:00 horas no Servizo de Bolsas (Edificio Xerencia-Servicios Centrais)

 

Documentos dunha fase de convocatoria:

28/11/2018 Corrección de erros da listaxe definitiva de alumnado con bolsa concedida

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás