Axudas propias para a mobilidade de Persoal Investigador da UVigo
Tipo | Mobilidade |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | MOBVIGO_24 |
Data inicio solicitudes | 21/03/2024 |
Data fin solicitudes | 24/04/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ |
Descripción | A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación, ou empresas no caso de programas coa mención de «Doutoramento Industrial» do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora. Modalidade A: Bolsas para viaxes. Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación. |
Requisitos | Grupo 1: Grupo 2: Para poder presentar unha solicitude non se pode estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións. Ter agotado o crédito concedido para realizar estadías de investigación polas convocatorias autonómicas ou estatais correspondentes. Non ter sido obrigada a reintegrar ou non ter perdido o dereito ao cobro do importe dalgunha axuda propia para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo nas tres últimas convocatorias. |
Documentacion | Modalidade A: Bolsas para viaxes. 1.Documento acreditativo da organización do congreso científico. 4. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronto da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública. Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes: Grupo 1. Grupo 2. 1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2021-2024 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria. Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación. 1. Breve resumo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese e a relación da empresa elixida para a realizar a estadía coa súa tese de doutoramento no caso de programas coa mención de «Doutoramento Industrial» 3. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública. Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes: Grupo 1. Grupo 2. 1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2021-2024 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.
|
Observacións | O prazo de presentación das solicitudes comezará o 21 de marzo e permanecerá aberto ata o día 24 de abril de 2024.
O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ A convocatoria de mobilidade activarase o día 21 de marzo. Será necesario presentar o resgardo resultante a través da Sede Electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento SINV-Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo, indicando no asunto Solicitude de axudas propias ... ... ... (sinalar viaxe ou estadía) e dirixíndoa ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento. Este paso é imprescindible para considerar presentada unha solicitude. De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación. |
Prazo para resolver | 6 meses |
Ligazóns da convocatoria | |
Base de Datos Nacional de Subvencións: | https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias |
Acreditación de idiomas CRUE: | https://www.crue.org/proyecto/acreditacion-en-idiomas/ |
Certificados de idiomas reconocidos ACLES: | https://www.acles.es/216-tablas-de-certificados-reconocidos-por-acles |
Taboleiro de anuncios: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml |
Fase de concesión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Modelos documentos para xustificación axuda
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase admisión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de convocatoria
Documentos da fase da convocatoria: | |