Técnico/a de xestión do Campus do Mar

TipoConvocatorias de I+D+i
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoI+D/2018_4
Data de inicio de solicitudes10/10/2018
Data de fin de solicitudes22/10/2018
Descripcion

A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.

  • Data Prevista de Comezo do contrato: 01-15/11/2018
  • Data de Finalización: 31/12/2019 
  • Retribución bruta mensual: 1.400 €
  • Posibilidade de Renovación: Sí, condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.
Requisitos

Requisitos: 

- Licenciatura ou Grao, preferentemente en Ciencias do Mar, Bioloxía ou afíns/equivalentes. 

- 2 anos de experiencia en posto similar 

- Dominio do inglés. Parte da entrevista desenvolverase nese idioma

 

Perfil Técnico: 

En dependencia da Dirección do Campus do Mar e en coordinación coas Unidades Transversais da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades: 

 

-          Apoio na organización, xestión e seguemento das actividades do Campus do Mar en coordinación con outras unidades transversais da Universidade de Vigo.

-          Apoio na organización de eventos e no establecemento de contactos con outros axentes así como na búsqueda de fondos e solicitudes de financiamento para as actividades do Campus do Mar.

-          Apoio na tramitación económica e técnica das actividades e eventos do Campus do Mar.

-          Actualización periódica de contidos das páxinas web e redes Sociais e apoio nas actividades de divulgación do Campus do Mar.

 

Criterios de valoración: 

  • Experiencia profesional (50%): 

Experiencia profesional acreditada nun posto con funciones similares (adicional ao mínimo requirido) 

Experiencia profesional acredita en Xestión económica e técnica de proxectos. 

Experiencia profesional acreditada no deseño e organización eventos e grupos de traballo de ámbito mariño. 

 

  • Formación (20%): 

Títulos de Mestrado/Doutoramento de ámbito mariño 

Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico. 

 

  • Entrevista (30%): 

A Comisión de avaliación convocará a unha entrevista aos/ás tres candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación. 

Observaciones

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben enviar o CV e unha carta de presentación a campusmar@uvigo.es ata as 23:59 horas do 22 de outubro de 2018

Atrás