Bolsas de Integración-Belas Artes 2017/2018 (BB.AA. 03)

TipoAxuda asistencial
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBBAA032017/2018
Data de inicio de solicitudes16/06/2017
Data de fin de solicitudes30/06/2017
Descripcion

Axudas para estudantes que colaboren na integración de persoas con necesidades educativas especiais na Facultade de Belas Artes

Requisitos

As persoas solicitantes deberán estar matriculadas no curso 2017/18 en 3º curso da titulación oficial de Grao da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra, e manter a condición de alumno durante todo o período de duración da bolsa.

En todo caso os solicitantes, deberán de ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao, enxeñaría, ou licenciatura dos que están matriculados; ou o 100% dos que lle deron acceso ao máster oficial do que están matriculados. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos

Documentacion

Fotocopia do NIF, NIE, ou pasaporte en vigor.

Fotocopia Documento de afiliación á Seguridade Social.

Certificación académica oficial dos estudos realizados; no caso de que se realizaran fóra da U. de Vigo.

Declaración xurada de compromiso de matricula para o curso 2017/18; no caso de non tela formalizada no momento da presentación da solicitude.

Currículum vitae, no que indicará a formación e as actividades realizadas que considere de interese para o desenvolvemento da bolsa con documentos acreditativos dos méritos alegados.

Solicitude de compatibilidade coa bolsa no caso de que o alumnado teña concedida unha bolsa distinta ás axudas ao estudo convocadas polo MECD.

Ficha persoal de pagamento (anexo III).

Declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986.81.40.94
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/asistenciais/

11/08/2017 Resolución pola que se declara a convocatoria deserta e pechado o procedemento

Descrición

Resolución reitoral do 10 de agosto de 2017, pola que se declara deserta e pechado o procedemento en relación á convocatoria dunha bolsa para estudantes que colaboren na axuda á integración dunha persoa con necesidades educativas especiais na Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra (BB.AA. 03)

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás