Bolsas de formación en Medio Ambiente 2018/19

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-0201
Data de inicio de solicitudes01/10/2018
Data de fin de solicitudes10/10/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3626
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vencelladas á titulación na que se matricula

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, no:
    • Grao en calquera titulación das ramas de Ciencias e Enxeñaría
    • Máster en calquera titulación das ramas de Ciencias e Enxeñaría
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao dos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses completos de tal xeito que se a bolsa comeza antes do día 15 ou finaliza despois, incluído este, computarase como un mes enteiro para o cálculo do límite.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  • Curriculum Vitae
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados
Observaciones

No caso de presentar documentación debes subila nun ficheiro a través do formulario para facer a solicitude

IMPORTANTE: Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

16/10/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 23 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

5/11/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Prazo de alegacións ata o 12 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

14/11/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

As persoas seleccionadas remitiráselles un correo electrónico indicando o lugar e a hora de presentación

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás