Secretaría Uvigo

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO 2022-2023

TipoPremios extraordinarios de doutoramento
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPED-2023
Data inicio solicitudes19/09/2023
Data fin solicitudes30/09/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal
Descripción

En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2022-23 que alcanzaran a cualificación “Sobresainte cum laude”, abranguendo o período entre o 01 de setembro de 2022 ata o 31 de xullo de 2023

Requisitos

Os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Ter defendido a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 01 de setembro de 2022 e o 31 de xullo de 2023.
2. Que a tese de doutoramento acadase a mención “Cum Laude”.
3. Ter presentado no prazo establecido a documentación referida na sección 3 “Presentación formal de candidaturas"

Documentacion

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da “Instancia de participación nos premios extraordinarios de doutoramento”, dispoñible no catálogo de procedementos (“Premios Extraordinarios de Doutoramento 2023”) da sede electrónica da Universidade de Vigo, https://sede.uvigo.gal.
1.-Un formulario para a presentación de contribucións: 
a) Cinco contribucións nos ámbitos de Arte e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura e Xurídico-Social.
b) Dez contribucións no ámbito de Ciencias.
2.- Un formulario coa listaxe de estadías realizadas. Para cada unha delas deberá presentarse o documento que certifique a realización da estadía.

 

 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Escola Internacional de Doutoramento: https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/eido-escola-internacional-doutoramento

Convocatoria Premios Extraordinarios Doutoramento

Descrición

En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2022-23 que alcanzaran a cualificación “Sobresainte cum laude”, abranguendo o período entre o 01 de setembro de 2022 ata o 31 de xullo de 2023

Tribunais provisionais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios Doutoramento 2022-23

Descrición

Reunida a Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento o día 20 de xullo de 2023 e conforme ao establecido no artigo 46 do Regulamento de Estudos de Doutoramento (C.G. 07/02/2017), publícase a composición provisional dos tribunais para a concesión dos premios extraordinarios de doutoramento.

Documentos da fase da convocatoria:

RR da listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-23 con campo cneai

Descrición

Publicación da listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento, con indicación do campo CNEAI asignado e da posesión ou non da Mención Internacional, de Cotutela ou doutoramento industrial: Anexo I
Ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación, para que
as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao contido da listaxe provisional.
No caso de desacordo coa asignación de campo CNEAI, poderán presentar ante a
dirección da Eido unha proposta de asignación diferente, debidamente argumentada e
documentada, dentro do mesmo prazo, a través da instancia xenérica da sede
electrónica da Universidade de Vigo, https://sede.uvigo.gal.
Unha vez rematado o prazo publicarase a listaxe definitiva que non admitirá cambios na
asignación do campo CNEAI.

Documentos da fase da convocatoria:

RR nº Premios, coa distribución por ámbitos e listaxe definitiva de posibles persoas candidatas con indicación do campo cneai

Descrición

Publicación do número de premios coa súa distribución por ámbitos e a listaxe definitva de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-2023 con indicación do campo cneai asignado

Documentos da fase da convocatoria:

RR. da publicación da composición definitiva dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Descrición

Reunida a Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento o día 28 de setembro de 2023 e conforme ao establecido no artigo 46 do Regulamento de Estudos de Doutoramento (C.G. 07/02/2017), publícase a Resolución Reitoral coa composición definitiva dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos premios extraordinarios de doutoramento

Documentos da fase da convocatoria:

RR da listaxe provisional de admitidos e excluídos para participar nos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-23

Descrición

Resolución Reitoral pola que se publica a listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-23 con indicación do campo cneai asignado.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte a da súa publicación para que as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao contido da listaxe provional. 

Documentos da fase da convocatoria:

RR Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

Resolución Reitoral pola que se publica a listaxe definitiva de solicitudes admitidas á trámite para concurrir aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-23

Documentos da fase da convocatoria:

Actas constitución e avaliación provisionais dos tribunais

Descrición

Con data do 29 de novembro de 2023, publícanse no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e na web da EIDO, as Actas de constitución e de avaliación provisional, remitidas polos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2022-2023.
A partir do día seguinte desta publicación, ábrese un prazo de 5 días hábiles para formular alegacións a estas propostas, a través da instancia xenérica da sede electrónica da Uvigo, https://sede.uvigo.gal
Unha vez resoltas as alegacións por parte dos tribunais, enviarase a proposta definitiva ao Consello de
Goberno para a súa aprobación

Documentos da fase da convocatoria:

Proposta de concesión definitiva dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Descrición

Rematado o prazo de reclamacións aos informes provisionais de avaliación elaborados polos Tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, e unha vez resoltas as alegacións presentadas, ditos informes adquien carácter definitivo.

Polo tanto, a Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento, na súa reunión do 18/01/2024, acordou elevar ao Consello de Goberno as propostas de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2022-2023.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás