Secretaría Uvigo

2023 Premio Excelencia Académica Grao Xunta de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2023_PEG XUNTA
Data inicio solicitudes16/05/2023
Data fin solicitudes16/05/2023
Descripción

Premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao do curso académico 2021/22 no Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan. 

Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo.

Requisitos
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  • Ter no curso académico 2021/2022 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  • Ter superado no curso académico 2021/2022 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Estar matriculado da mesma titulación no curso 2022/2023.
Observacións

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.

  •  Publicarase aquí a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco (5) días desde a súa publicación
    para efectuaren as súas reclamacións.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39923

16/06/2023 Listaxe provisoria do estudantado proposto para os premios

Descrición

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 23 de xuño ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

29/06/2023 Listaxe definitiva do estudantado proposto para o premio

Descrición

 

 

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

04/07/2023 Publicación listaxe de persoas propostas Xunta de Galicia

Descrición

Aquí podes consultar a publicación de estudantes propostas https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40406

As persoas propostas deberán presentar obrigatoriamente o documento de aceptación (Anexo II da convocatora) do 5 ao 18 de xullo por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 

De non presentar nese prazo entenderase que renuncian ao premio.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás