Secretaría Uvigo

PREMIOS ALUMNI-UVIGO 2023

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoALUMNI 2023
Fecha inicio solicitudes18/05/2023
Fecha fin solicitudes09/06/2023
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11477
Descripción

O obxecto destes premios é promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional daquelas persoas usuarias da comunidade Alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria que achegue valor e teña unha clara vontade de inducir cambios na sociedade. Igualmente, con estes premios preténdese incentivar a relación da Universidade de Vigo co seu antigo alumnado.

Establécense as seguintes categorías de premios:

  • Premios Alumni-UVigo Emprendemento
  • Premios Alumni-UVigo Humanidades
  • Premios Alumni-UVigo Impacto Social
  • Premios Alumni-UVigo Investigación
  • Premios Alumni-UVigo Traxectoria Profesional
Requisitos

Estar rexistrado como membro da comunidade Alumni-Uvigo: https://alumni.webs.uvigo.es/.

 

Documentación

Xunto co formulario electrónico achegarase a seguinte documentación: 

  1. Currículo (formato libre)
  2. Resumo dos principais méritos alcanzados que le fan merecedor do premio (máximo 100 palabras).
  3. Outra documentación que avale a candidatura (cartas de apoio de terceiros, hemeroteca, certificados de empresa…).

Non se tramitarán as solicitudes presentadas por outras vías. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou de necesitar más información durante o período de presentación das candidaturas, poderán dirixirse a: alumni@uvigo.gal.

Observaciones

O prazo de presentación das candidaturas finaliza o venres 9 de xuño de 2023, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

 

Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32162654
Atrás