Proxectos de I+D+i Retos Investigación 2018

TipoProxectos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
Código2018ESMCIN20082018RTOS
Descripcion

Convocatoria do procedemento de concesión de axudas a Proxectos de I+D+i «Retos investigación» correspondentes ao Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade (BOE de 20 de agosto de 2018)  para a realización de proxectos de investigación que inclúen a investigación orientada así como as súas aplicacións en posteriores fases de desenvolvemento tecnolóxico e experimentación, dirixidos á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Distínguense dous tipos de proxectos:

- Proxectos I+D+i tipo A, dirixidos por investigadores xoves, pero con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras, que non teñan dirixido anteriormente proxectos de investigación de convocatorias nacionais. Dentro dos proxectos tipo A inclúense os proxectos de I+D+i tipo JIN, para xoves investigadores sen vinculación ou con vinculación temporal.

- Proxectos I+D+i tipo B, dirixidos por investigadores cunha traxectoria investigadora consolidada.

Observaciones

Enlace á páxina de información da convocatoria

 

Prazo de presentación de solicitudes:

Áreas temáticas de Ciencias sociais e Humanidades: do 11 de setembro ao 2 de outubro (prazo interno: do 11 ao 26 de setembro)

Áreas temáticas de Ciencias da vida: do 12 de setembro ao 3 de outubro (prazo interno: do 12 ao 27 de setembro)

Áreas temáticas de Ciencias matemáticas, físicas, químicas e enxeñarías: do 13 de setembro ao 4 de outubro (prazo interno: do 13 ao 28 de setembro)

 

Documentación a entregar no Servizo de Investigación:

  1. Solicitude impresa xerada pola aplicación coas sinaturas orixinais do/da investigador/a e do resto de persoal do equipo de investigación.
  2. Autorización para participar no proxecto do/da investigador/a principal e membros do equipo de investigación vinculados a outras entidades. Deberá vir asinada polo representante legal e certificará o requisito de vinculación e compromiso de mantela durante o período de execución do proxecto.
  3. Nos proxectos tipo JIN, o/a investigador/a principal deberá entregar unha declaración onde certifique que cumpre co requisito de vinculación recollido no artigo 7, apartado f, da convocatoria.

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: proxectos.investigacion@uvigo.es
Teléfono: 986 813 420 / 986 814 033
Atrás