Bolsas de Mobilidade para o estudantado dos Mestrados Universitarios, 2022/2023
Tipo | Mobilidade estudantes |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022_2023 Mobilidade Mestrado |
Data inicio solicitudes | 05/05/2023 |
Data fin solicitudes | 02/06/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11003 |
Descripción | OBXECTO: Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nunha localidade diferente á da sede do seguintes mestrados:
|
Requisitos | REQUISITOS: a) Estar matriculado no curso 2022/2023, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, a tempo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que lle queden para finalizar os estudos. b) Non estar en posesión dun título de mestrado oficial. c) Realizar ó longo do curso 2022/2023 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro. |
Documentacion | SOLICITUDE: As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11003, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas mobilidade mestrado” achegando, unicamente o formulario coa solicitude. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 2 de xuño de 2023, ás 23:59 horas (hora peninsular española). Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal. |
Observacións | OBRIGAS: As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade |
Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=1ABA3041AF3FBF762D01FC64E9062BEB?idtaskdata=32036636 |