Secretaría Uvigo

Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao (R.R.30/05/2023)

TipoConvocatoria de estudos de grao
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoGRAO.2023/2024
Data inicio solicitudes01/06/2023
Data fin solicitudes15/10/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/
Descripción

Co fin de que a comunidade universitaria coñeza os procedementos de admisión, matrícula e avaliación, preténdese mellorar a accesibilidade á información e a eficiencia na prestación destes servizos facendo uso da tecnoloxía dixital e garantindo a protección dos datos.

Para facilitar e simplificar os trámites administrativos quérese impulsar a utilización do servizo de verificación e consulta da plataforma de Intermediación de datos polo que, de non existir oposición ou dificultades técnicas que impidan a cesión, verificarase a identidade e a residencia, así como datos académicos e do Ministerio de Xustiza cando resulten esenciais.

O colectivo de estudantes de grao está formado por alumnado de inicio e de continuación, de mobilidade nacional ou internacional e por persoas tituladas por universidades estranxeiras que precisan completar o trámite de homologación do seu título en España. En función de cada caso terase en conta que:

Por todo o exposto e en cumprimento do regulado nos estatutos, nas normas de xestión académica para titulacións de grao e na mencionada normativa de permanencia e progreso, esta reitoría resolve establecer as seguintes normas de admisión, matrícula e avaliación:

Primeira: Admisión (prazos)

Segunda: Matrícula (prazos)

Terceira: Avaliación (calendario)

Requisitos

Tanto para solicitar praza nunha titulación de grao na sede electrónica, segundo o procedemento establecido para cada caso na oferta de prazas, como para iniciar peticións relacionadas coa matrícula, é necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica (certificado dixital, DNIe, cl@ve permanente, etc.). Ao facer estas peticións é imprescindible indicar ben, no apartado de medios de aviso de notificación, a dirección electrónica válida xa que é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

Documentacion

para a admisión

para a matrícula

Observacións

As reclamacións ou recursos interpostos relativos aos procedementos incluídos nestas normas resolveranse ao abeiro desta convocatoria e demais normativas e acordos que regulamenten o réxime do alumnado, sen prexuízo das disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación en cada caso.

Serán a secretaría xeral e as vicerreitorías competentes en materia de xestión académica as que diten instrucións en aclaración e interpretación das normas de matrícula, publicándoas no taboleiro electrónico.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa (BOE 14/07/1998).

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da mesma, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE 02/10/2015).

A presente convocatoria publicarase no taboleiro electrónico e entrará en vigor para o curso académico 2023/2024.

Prazo para resolverdepende de cada procedemento
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Trámites para estudantes de grao (recoñecementos, traslados, certificacións, etc): https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/outros-tramites
Acabo de chegar a UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/10
Bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
Prezos públicos: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos
Atrás