Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense. INOU-CAMPUS AUGA 2023
Tipo | Proxectos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | INOU-CAMPUS AUGA 2023 |
Data inicio solicitudes | 07/03/2023 |
Data fin solicitudes | 24/03/2023 |
Descripción | A presente convocatoria ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese para a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense, apoiando as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do Campus de Ourense-Campus Auga. Ao mesmo tempo pretende ser unha vía para que persoal investigador a tempo completo máis novo e os que teñan máis dificultades para acudir a outras convocatorias, podan poñer en marcha os seus proxectos. Esta convocatoria persegue impulsar a interacción entre grupos de investigación do Campus de Ourense dos diferentes ámbitos de coñecemento a) Ciencias b) Ciencias da Saúde, c) Enxeñería e Arquitectura d) Ciencias Sociais e Xurídicas e) Arte e Humanidades |
Requisitos | Características dos proxectos Poderán ser beneficiarios/as destas axudas o persoal investigador que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación da Universidade de Vigo (SUXI). Cada grupo de investigación só liderará unha solicitude xa sexa co investigador principal 1 ou co investigador principal 2. Os proxectos realizaranse de forma individual, con un/unha ou dous investigadores/as principais e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar. Poderán incluír persoal investigador de ámbitos diferentes valorándose a multidisciplinariedade dos mesmos. As solicitudes con dous investigadores/as principais será obrigatorio que pertenzan a ámbitos diferentes, ambos/as terán a mesma consideración a todos os efectos, pero será o investigador principal 1 quen presentará a solicitude, fixará o ámbito de aplicación do proxecto e actuará como interlocutor cos servizos administrativos da Universidade de Vigo para os diversos trámites relacionados coa xestión do proxecto. Coa finalidade de potenciar na medida do posible a colaboración entre grupos de investigación de diferentes centros do Campus de Ourense, tamén terá a consideración de ámbito diferente para a súa avaliación os proxectos liderados por persoal investigador de distintas áreas de coñecemento do mesmo ámbito, sempre que as súas tarefas investigadoras se desenvolvan en diferentes centros e se xustifique axeitadamente. Requisitos específicos do persoal investigador 1. Requisitos do persoal investigador principal:
2. Requisitos do persoal do equipo de investigación:
|
Documentacion | No modelo de solicitude faranse constar os seguintes datos:
|
Observacións | Para a solicitude empregarase o formulario anexo a esta convocatoria, unha vez cuberto convertirase a formato pdf e asinarase dixitalmente polo/a solicitante. O/A solicitante presentará o pdf asinado (máximo 10MB) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU-Campus Auga 2023), antes do 24.03.2022 ás 23:59 horas. |
Prazo para resolver | Tres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Listaxe admitidos/excluídos provisoria
Documentos da fase da convocatoria: | |
Listaxe admitidos/excluídos definitiva
Documentos da fase da convocatoria: | |
Listaxe provisoria de axudas concedidas
Documentos da fase da convocatoria: | |
LIstaxe definitiva de axudas concedidas
Documentos da fase da convocatoria: | |