Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Tipo | Convocatoria de estudos de grao |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | PROBAS.FISICAS.2023/2024 |
Data inicio solicitudes | 15/03/2023 |
Data fin solicitudes | 11/04/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/ |
Descripción | O ingreso no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte está subordinado ao Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, que, no seu artigo 10, permite a realización de avaliacións específicas de competencias. O obxectivo das probas de aptitude é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento dos estudos e acreditar a madurez e as capacidades necesarias en relación cos obxectivos da titulación e o exercicio da profesión do deporte. A realización e, no seu caso, superación destas probas non exime do requisito de realizar a solicitude de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do sistema universitario de Galicia baixo a coordinación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG). |
Requisitos | Poderá participar calquera persoa interesada tendo en conta que para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos haberá que estar en condicións de acceder a universidade como son, persoas con título universitario, con titulo de formación profesional, quen supere a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024. Non están obrigadas a incribirse nesta convocatoria para repetir as probas, as persoas que teñan superadas no ano natural 2022 probas específicas de acceso á titulación en calquera facultade do sistema universitario español ou, as que as superen en 2023 sempre que sexa con anterioridade á apertura dos prazos que establece a CiUG para o acceso a centros con límite de prazas. Non terá que realizar esta proba específica de aptitude quen estea acreditado como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma. |
Documentacion | Na presentación da solicitude:
Antes da publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do 15 de maio:
O día das probas:
|
Observacións | As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude). |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Inciar o trámite de presentación de solicitude na sede electrónica: | https://sede.uvigo.gal/ |
Publicación de listaxes no taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml |
Correo electrónico: | xn.educacion.forestal@uvigo.gal |
Teléfono: | 986 801702 |
Regulamento específico das probas: | http://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/probas-de-aptitude-fisica/ |
Información e contido das probas: | http://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/ |