Secretaría Uvigo

Axudas propias para a mobilidade de Persoal Investigador da UVigo

TipoMobilidade
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOBVIGO_23
Data inicio solicitudes16/02/2023
Data fin solicitudes15/03/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación, ou empresas no caso de programas coa mención de «Doutoramento Industrial» do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Modalidade A: Bolsas para viaxes. 

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación. 

Requisitos

Grupo 1:
-Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal.

Grupo 2:
-Persoal investigador posdoutoral contratado no marco do programa competitivo Juan de la Cierva Formación.
-Persoal investigador contratado no marco de calquera programa competitivo de persoal investigador predoutoral en formación que se atopen no período de orientación posdoutoral (POP).

Para poder presentar unha solicitude non se pode estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións.

Documentacion

Modalidade A: Bolsas para viaxes.

1.Documento acreditativo da organización do congreso científico.
2. Documento acreditativo da composición do/s comités científico ou organizador.
3. Copia da comunicación ou resumo dela enviada ao congreso ou memoria explicativa do proxecto creativo.

4. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronto da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1.
1. Informe da dirección da tese de doutoramento xustificando o interese do desprazamento.
2. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2020-2023 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Grupo 2.

1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2020-2023 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación.

1. Breve resumo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese e a relación da empresa elixida para a realizar a estadía coa súa tese de doutoramento no caso de programas coa mención de «Doutoramento Industrial»
2. Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.

3. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1. 
1. Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo un breve resumo do traballo realizado ata o momento polo doutorando ou doutoranda e a conveniencia do desprazamento ao centro de investigación ou á empresa elixida. No caso dos programas coa mención « Doutoramento Industrial» será necesario ademais a oportuna autorización da empresa na que se desenvolve a tese.
2. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2020-2023 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Grupo 2.

1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2020-2023 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

 

 

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 16 de febreiro e permanecerá aberto ata o día 15 de marzo de 2023.


As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación prevista para cada modalidade de axuda, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada.

O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: 

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

A convocatoria de mobilidade activarase o día 16 de febreiro.

Será necesario presentar o resgardo resultante a través da Sede Electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento SINV-Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo, indicando no asunto Solicitude de axudas propias para mobilidade modalidade xxx (viaxes ou estadías) e dirixíndoa ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento. Este paso é imprescindible para considerar presentada unha solicitude. 

 

Prazo para resolver6 meses
Ligazóns da convocatoria
Taboleiro de anuncios: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=28205633
Acreditación de idiomas CRUE: https://proyectos.crue.org/acreditacion/
Certificados de idiomas reconocidos ACLES: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf
Base de Datos Nacional de Subvencións: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias

Concesión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de admisión

Documentos da fase da convocatoria:

Presentación de solicitudes

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás