Inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo
Tipo | Asociacionismo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2023 - ASOC. CENSO |
Data inicio solicitudes | 01/02/2023 |
Data fin solicitudes | 24/11/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10794 |
Descripción | Convocatoria para a inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo para o ano 2023. |
Requisitos | Terá a consideración de asociación de estudantes na Universidade de Vigo as que, constituídas de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo e no regulamento de estudantes da Universidade de Vigo, se comprometan e impliquen na defensa dos bens culturais e universitarios en réxime de liberdade, autonomía, representatividade e auténtica participación dos seus asociados e asociadas, dentro do respecto ao ordenamento xurídico do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia e da Universidade de Vigo. Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís nas que a porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas. A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou secretaría da asociación estudantil. |
Documentacion | Documentación que se ten que achegar: Inclusión no censo público de asociacións da Universidade de Vigo - No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá subir, nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será o nome da asociación):
Actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo - No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá subir, nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será o nome da asociación):
Para calquera modificación da asociación estudantil, a documentación esixida aparece reflectida na convocatoria. |
Observacións | Inclusión no censo público de asociacións da Universidade de Vigo
A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo (Asociacións estudantís: Inclusión ou actualización dos datos no Censo de asociacións - Ano 2023): https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10794. No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá subir, nun só arquivo, a documentación que se relaciona na convocatoria, o nome do ficheiro é o nome da asocación.
O prazo de presentación de solicitudes inicia o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios electrónicos da Universidade de Vigo e remata o 24 de novembro de 2023, ás 23:59 horas (hora peninsular española), sendo requisito imprescindible para que as asociacións estudantís continúen inscritas no censo público da Universidade de Vigo. A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. Actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo
A solicitude de participación farase cumprimentando o formulario que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo (Asociacións estudantís: Inclusión ou actualización dos datos no Censo de asociacións - Ano 2023): https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10794. No apartado do formulario “Achegar ficheiro con toda a documentación” deberá subir, nun só arquivo, a documentación que se relaciona na convocatoria, o nome do ficheiro é o nome da asocación. O prazo de presentación de solicitudes inicia o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios electrónicos da Universidade de Vigo e remata o 24 de novembro de 2023, ás 23:59 horas (hora peninsular española), sendo requisito imprescindible para que as asociacións estudantís continúen inscritas no censo público da Universidade de Vigo. A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
IMPORTANTE: Para calquera dúbida póñase en contacto coa Sección de Extensión Universitaria. Teléfono: 986 813626 Correo electrónico: extension@uvigo.es. |
Documentos da convocatoria | |