Secretaría Uvigo

V EDICIÓN DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN, TRANSFERENCIA E DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO CAMPUS AUGA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

TipoOutras actividades
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPCA-2022
Data inicio solicitudes21/11/2022
Data fin solicitudes15/12/2022
Requisitos

Para concorrer a calquera das modalidades poderán ser candidatos/as o PDI e PI que no momento da convocatoria se atopen en situación de servizo activo na Universidade de Vigo, e o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no curso 2020-2021, ou no curso 2021-2022, que cumpra os requisitos da modalidade do premio ao que se presenta.

 

  • Ningún solicitante poderá concorrer simultaneamente a máis dunha modalidade de premios.
  • No caso da modalidade A, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota mínima de 9 sobre 10.
  • No caso da modalidade B, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota de sobresaínte cum laude.
  • No caso das modalidades C, D, e E, de ser o caso, a solicitude deberá contar co visto bo de todos/as os/as coautores/as da contribución, salvo imposibilidade xustificada. Neste senso, consideraranse persoas beneficiarias, aos efectos de certificación da resolución de concesión, tódalas persoas autoras da contribución. No caso da dotación económica considerarase como beneficiaria só á persoa solicitante.
  • Non se poderán presentar traballos que foran presentados a anteriores edicións destes premios.
Documentacion

As persoas interesadas presentarán no rexistro oficial ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, un sobre aberto que indique a categoría dos Premios á que opta, e que conterá no seu interior:

 

-unha chave USB co Anexo I cuberto e o mérito que presenta, en formato pdf ou similar. O arquivo que conteña o mérito nomearase co título do dito mérito. A documentación non debe conter ningún elemento que o identifique sobre a autoría, dirección ou titoría, pero si indicará a titulación e o centro de procedencia da persoa autora do mérito.

 

-un sobre aberto, con indicación da categoría á que opta e o nome do mérito que presenta, que inclúa no seu interior o Anexo II cuberto e asinado. Nel introducirase o xustificante de rexistro de entrada e pecharase.

 

As solicitudes dirixiranse á Vicerreitoría do Campus de Ourense

Documentos da convocatoria
Atrás