¿Como consigo o meu NIU?

Para acceder a secretaria virtual da Universidade de Vigo necesitas ter un NIU.

a. Como obter o teu NIU se es estudante:
Na actualidade os NIUs créanse de forma automática para os estudantes, así que non deberías ter que crealo.

  • Accede á secretaría virtual (https://secretaria.uvigo.gal/).
  • Chega con que solicites recuperar os teus datos de acceso á secretaría virtual (premendo na ligazón "Non lembro o NIU/contrasinal") e introduzas o teu enderezo de correo.

Se se produciu algún erro e o teu NIU non se creou tes a opción de crealo ti mesmo dende a páxina de inicio da secretaría virtual (premendo na ligazón "Crear NIU").

b. Como obter o teu NIU se es PAS ou PDI:
Podes crealo ti mesmo. Deberás utilizar o código de seguridade que che foi proporcionado no servizo de PAS ou PDI ao asinar o teu contrato.

 

Atrás