Secretaría Uvigo

Como consigo unha conta de correo da Universidade de Vigo?

Se traballas na Universidade de Vigo ou estás a estudar unha titulación oficial (grao, máster oficial, doutoramento ou unha titulación de primeiro e segundo ciclo: enxeñaría, licenciatura etc.) a túa conta de correo créase de forma automática. Só a terás que activar seguindo os seguintes pasos:

  1. Obtén a túa conta de usuario na secretaría virtual (se aínda non a tes): Na actualidade as contas de usuario da secretaría virtual créanse de forma automática para o estudantado, así que debería chegar con que solicites recuperar os teus datos de acceso. En caso de que sexas empregado ou empregada ou se producise algún erro, tamén dispós da opción de crear unha conta de usuario.
  2. Activa a túa conta de correo: A partir das contas de usuario da secretaría virtual, as contas de correo persoais créanse de forma automática polas noites. Polo tanto, unha vez que teñas a túa conta de usuario da secretaría deberás agardar uns días para activar a túa conta de correo, que podes facer desde o webmail da Universidade de Vigo: http://correoweb.uvigo.es premendo no enlace que pon "Se tes a Tarxeta Universitaria e non coñeces...".


Se esqueceches a clave da túa conta de correo, tes información sobre como recuperala na FAQ "Como accedo á conta de correo da Universidade de Vigo"

Atrás