Secretaría Uvigo

¿Como solicitar a Tarxeta Univesitaria Intelixente (TUI)?

Para poder solicitar a TUI terás que cumprir un dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (LRU, Grao, mestrado oficial, programa de doutoramento)
  • ou ter un contrato laboral en vigor


Se cumples algún dos requisitos, terás que seguir estes pasos:

  1. Comproba que tes unha conta de usuario na Secretaría online. Dende a secretaría online poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non eres quen de recuperar os teus datos de acceso podes solicitar na Secretaría do Centro que actualicen o teu enderezo electrónico.
  2. Comproba cómo se vai a emitir a túa tarxeta. Na sección "A miña conta" -> "Tarxetas Universitarias" da túa Secretaría terás un listado coas TUI emitidas e a opción de comprobar os datos cos que se emitirá a nova.
  3. Achégate a unha das oficinas do Banco Santander do teu campus, onde che tomarán unha fotografía e nus minutos terás a túa TUI.

Locais, datas e horarios de emisión

Ata o 30 de setembro:

Campus de Vigo
De luns a venres, de 08.30 h a 14.30 h e de 15.30 h a 17.00 h.
No edificio Miralles, acceso 4, Sala II,

Campus de Pontevedra
De luns a venres, de 10.00 h a 14.00 h.
Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus de Ourense
De luns a venres, de 08.30 h a 14.30 h e de 15.30 h a 17.00 h.
No local do Pavillón de Estudantes ao lado da Oficina do Banco Santander

Do 23 ao 27 de setembro, de 10.00 h a 14.00 h, tamén poderás obter a túa tarxeta universitaria intelixente na sede Cidade da Escola de Enxeñería Industrial, rúa do Conde de Torrecedeira, 86, 36208 Vigo.

Fóra destas datas, poderás solicitar a túa TUI nas oficinas do Banco Santander situadas en cada campus.

 

Atrás