Secretaría Uvigo

Acabo de chegar a Universidade de Vigo. Agora que?

1. Servizo de atención
Se es estudante poderás consultar calquera dúbida ou problema que teñas, en primeira instancia, na secretaría do teu centro. Se aí non che poden das solución, indicaranche onde acudir. No portal de matrícula atoparás unha relación de todos os centros da Universidade de Vigo cos seus datos de contacto.

Se es PAS ou PDI tes aquí a relación de servizos da universidade onde poderás consultar as dúbidas que che xurdan.

 

2. Acceso a servizos en Internet
Para acceder aos servizos que a Universidade de Vigo ofrece a través de Internet precisarás identificarte. Na maioría dos casos esta identificación farase mediante a túa conta na secretaría virtual ou ben mediante a conta de correo de UVigo (@uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es).

Información relacionada: Como consigo unha conta na secretaría virtual da UVigo?

 

3. Secretaría virtual 
Desde a secretaría virtual (http://secretaria.uvigo.gal) poderás iniciar e consultar diversos trámites a través de Internet. Por exemplo, se es estudante tes a opción de consultar o teu expediente, solicitar bolsas propias da Universidade de Vigo e tamén consultar unha sección de axuda con respostasas dúbidas máis habituais.

Se es PAS ou PDI poderás descargar a tua nómina, o certificado de renda ou acceder a tuas listaxes de alumnos e actas.

 

4. Acceso á WIFI
A Universidade de Vigo dispón de wifi en todos os seus centros. Para conectarte só precisarás ter unha conta de correo tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es.

Información relacionada: Como me conecto á wifi da Universidade de Vigo?

 

5. Campus virtual
Podes acceder ao campus virtual da Universidade de Vigo desde o enderezo https://moovi.uvigo.gal. No seu pé de páxina atoparás os datos de contacto para calquera dúbida ou problema.

 

6. Tarxeta universitaria
A Universidade de Vigo, en colaboración co Banco Santander, pon á disposición de todos os membros da comunidade universitaria unha tarxeta universitaria intelixente.

Tes máis información na FAQ sobre a tarxeta universitaria.

 

7. Biblioteca
A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon á disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información para aopiar as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.

Está presente nos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola Biblioteca Central do campus situado en Vigo, nas Lagoas, Marcosende.

 

8. Deportes
A Universidade de Vigo conta cunha ampla oferta de actividades e servizos deportivos nos tres campus. Atoparás toda a información en https://www.uvigo.gal/campus/deporte.

 

9. Cursos de idiomas

O Centro de Linguas promove e desenvolve actividades de formación en linguas modernas atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna.

Toda a información sobre as linguas nas que te poderás formar e acreditar está dispoñible na web http://cdl.uvigo.es.

 

10. Cursos de galego

Os dous idiomas oficiais en Galicia, na universidade e na administración son o  galego e o castelán. A Área de Normalización Lingüística (ANL) organiza desde cursos de formación en lingua galega para o estudantado estranxeiro de programas de intercambio e cursos de acollida para persoas non galegas residentes en Galicia ata cursos de actualización ou perfeccionamento para galegofalantes.

Atoparás toda a oferta de formación en Bubela

Atrás