Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
DEREITO DE ACCESO, INFORMES E NOVAS
Nesta páxina iranse actualizando as estatísticas sobre o portal e as resolucións denegatorias das solicitudes de acceso á información pública, os informes anuais e as novas.
Resolucións denegatorias:
Resolucións da Comisión de Transparencia de Galicia
RSCTG 016/16 Solicitude de acceso á información da Universidade de Vigo
RSCTG 49/18 Solicitude información estatística sobre litixiosidade xudicial
RSCTG 41/20 Solicitude sobre as retribucións do equipo de goberno
RSCTG 96/21 Solicitude sobre a actuación tribunal selectivo
RSCTG 3/23 Solicitude sobre prácticas curriculares e extracurriculares.
Obrigas de publicidade activa:
Cadro resumo das obrigas establecidas na lexislación estatal, autonómica e propia sobre a información que se debe ser publicada no portal. No cadro especifícanse as datas de actualización e o apartado do portal onde se pode consultar a información. xlsx. 34KB
Rankings de transparencia.
A transparencia das entidades públicas, a máis de ser un mandato legal, é indicador dun compromiso real coa sociedade á que serven. Por ese motivo o análise da transparencia é unha función clave para diversas entidades que realizan os seus propios rankings a este respecto.
Por unha banda, a Fundación Haz (antes denominada Compromiso y Transparencia), coa misión de fortalecer a confianza da sociedade nas institucións e empresas promovendo a transparencia, o bo goberno e o compromiso social, realiza diversos informes sobre transparencia. Na edición 2023, a Universidade de Vigo acada un grao de cumprimento do 98%, sendo unha das universidades españolas máis transparentes. Obtendo ademais o selo de transparencia - t de transparente *** na categoría de 3 estrelas, o cumprir máis do 90% dos indicadores.
Por outra, Dyntra xorde como unha plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión do goberno aberto, nas organizacións e na sociedade civil. Pódese consultar máis información sobre o ranking e a posición da UVigo nos seguinte enlaces: Universidades Dyntra e UVigo. A clasificación da universidade tamén aparece no ranking de administracións públicas.
Informes anuais de transparencia.
O artigo 22 do Regulamento de Transparencia da Universidade de Vigo, aprobado en sesión do Consello de goberno do 9 de outubro de 2017, establece a obriga, por parte da Secretaría Xeral e en coordinación coa Unidade de Estudos e Programas, de realizar un informe anual relativo ao grao de cumprimento da normativa de transparencia.
Seguindo este precepto relízanse os informes anuais de transparencia:
- Primeiro informe anual de transparencia, correspondente ao ano 2017, presentado en sesión do Claustro do 18 xullo do 2018
- Segundo informe anual de transparencia, correspondente ao ano 2018, presentado en sesión do Claustro do 10 de xullo do 2019 (Infografía)
- Terceiro informe anual de transparencia, correspondente ao ano 2019, presentado en sesión do Claustro do 16 de outubro do 2020 (Infografía)
- Cuarto informe anual de transparencia, correspondente ao ano 2020, presentado en sesión do Claustro do 28 de xuño do 2021 (Infografía)
- Quinto informe anual de transparencia correspondente ao ano 2021, presentado en sesión do Claustro do 7 de outubro de 2022 (Infografía)
- Sexto informe anual de transparencia correspondente ao ano 2022, presentado en sesión do Claustro do 22 de decembro do 2023 (Infografía)
- Sétimo informe anual de transparencia correspondente ao ano 2023, presentado en sesión do Claustro do 5 de xullo do 2024 (Infografía).
Boas prácticas en materia de transparencia e protección de datos.
Tanto as leis de Transparencia, coma o Regulamento Xeral de Protección de Datos, coma a lei de Protección de Datos Persoais e das garantías de dos dereitos dixitais obrigan as universidades a cumprir unha serie de deberes con respecto ao seu alumnado, traballadores e outras persoas coas que se relaciona.
Para facilitar o cumprimento de ditos deberes e mellorar as actividades das universidades nestes ámbitos a CRUE realiza unha “Guía de buenas prácticas en materia de Transparencia e protección de Datos”. Esta guía ten como obxecto servir de ferramenta para a toma de decisións dos responsables universitarios ante as solicitudes de acceso á información pública e sobre a protección de datos de carácter persoal.
“Guía de buenas prácticas en materia de Transparencia e protección de Datos”
Últimos datos publicados
Última actualización consulte ficheiro Información publicada no portal en 2024.
Información institucional sobre o Coronavirus (COVID-19)
-
Documentos adxuntos :
- Información publicada no portal 2024 ( xlsx, 22,67 KB. )
- Información publicada no portal 2023 ( xlsx, 24,73 KB. )
- Información publicada no portal 2022 ( xlsx, 29,09 KB. )
- Información publicada no portal 2021 ( xlsx, 22,37 KB. )
- Información publicada no portal 2020 ( xlsx, 19,12 KB. )
- Información publicada no portal 2019 ( xlsx, 18,22 KB. )
- Informe de transparencia 2023 ( pdf, 3.076,66 KB. )
- Infografía informe transparencia 2023 ( pdf, 153,14 KB. )
- Informe transparencia 2022 ( pdf, 2.851,37 KB. )
- Infografía informe transparencia 2022 ( pdf, 634,45 KB. )
- Informe de transparencia 2021 ( pdf, 3.868,13 KB. )
- Infografía informe transparencia 2021 ( pdf, 640,67 KB. )
- Informe transparencia 2020 ( pdf, 4.125,79 KB. )
- Infografía informe transparencia 2020 ( pdf, 138,96 KB. )
- Informe transparencia 2019 ( pdf, 5.657,95 KB. )
- Infografía informe transparencia 2019 ( pdf, 719,86 KB. )
- Informe de transparencia ano 2018 ( pdf, 7.993,34 KB. )
- Infografía informe transparencia 2018 ( pdf, 591,71 KB. )
- Informe transparencia 2017 ( pdf, 1.191,06 KB. )
- Guía de buenas prácticas en materia de transparencia y protección de datos. ( pdf, 2.034,63 KB. )
- 2023_05_Denegatoria ( pdf, 271,37 KB. )
- 2023_13_Denegatoria ( pdf, 259,14 KB. )
- 2022_30_resolución_denegatoria ( pdf, 1.206,60 KB. )
- 2022_29_resolución_denegatoria ( pdf, 196,62 KB. )
- 202006esoluciondenegatoria ( pdf, 2.313,97 KB. )
- 2019_11_resolución denegatoria ( pdf, 1.584,52 KB. )
- Fundación Haz_indicadores universidades ( xlsx, 22,08 KB. )
- Cadro de obrigas de publicidade activa ( xlsx, 34,90 KB. )