Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
A transparencia das entidades públicas, a máis de ser un mandato legal, é indicador dun compromiso real coa sociedade á que serven. Por ese motivo o análise da transparencia é unha función clave para diversas entidades que realizan os seus propios rankings a este respecto.
Por unha banda, a Fundación Haz (antes denominada Compromiso y Transparencia), coa misión de fortalecer a confianza da sociedade nas institucións e empresas promovendo a transparencia, o bo goberno e o compromiso social, realiza diversos informes sobre transparencia. Na edición 2024, a Universidade de Vigo acada un grao de cumprimento do 98%, sendo unha das universidades españolas máis transparentes. Obtendo ademais o selo de transparencia - t de transparente *** na categoría de 3 estrelas, o cumprir máis do 90% dos indicadores.
O cadro de indicadores 2024 da Fundación Haz pode ser consultado no seguinte enlace.
Por outra, Dyntra xorde como unha plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión do goberno aberto, nas organizacións e na sociedade civil. Pódese consultar máis información sobre o ranking e a posición da UVigo nos seguinte enlaces: Universidades Dyntra e UVigo. A clasificación da universidade tamén aparece no ranking de administracións públicas.
-
Documentos adxuntos :
- 2024 Indicadores Fundación HAZ ( xlsx, 24,49 KB. )