Bolsas de Mobilidade para o alumnado dos Mestrados Universitarios, 2017/18

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código20172018-BMM
Data de inicio de solicitudes21/06/2018
Data de fin de solicitudes06/07/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=bolsasMaster&accion=listaConvocatoriasActivas
Descripcion

O obxecto destas bolsas é sufragar os gastos derivados da realización de actividades propias dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nun lugar diferente ao da sede do mestrado. Convócanse para tal fin as bolsas descritas no Anexo II.

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2017/2018 na totalidade dos créditos do 1º curso no caso dos mestrados de
    • Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións
    • Química teórica e modelización computacional
    • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  • Estar matriculado no curso 2017/18 a templo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que queden para finalizar os estudos no caso dos mestrados de:.
    • Mestrado en Investigación química e química industrial
    • Mestrado en enxeñaría de minas
  • Non estar en posesión dun título de mestrado oficial
  • Realizar ao longo do curso 2017/18 algunha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a algún lugar diferente ao da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro.
Documentacion
  • A certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado de telos feitos nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.
  • O currículo relacionado con estudos e experiencia previa no mestrado de que se trate.
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou entidade; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

03/08/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluido

Observacións

O prazo de alegacións remata o 21 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:

05/10/2018 Listaxe provisoria do alumnado con bolsa concedida

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 22 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

25/10/2018 Listaxe definitiva do alumnado con bolsa concedida

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás