Secretaría Uvigo

Proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense 2026

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEXCELENTES CAMPUS AUGA 2026
Data inicio solicitudes10/04/2026
Data fin solicitudes30/04/2026
Descripción

A presente resolución ten por obxecto a aprobación para o ano 2026 do procedemento de concesión de axudas a Proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense no marco do financiamento do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense (2024-2027).

Estas axudas pretenden potenciar a captación e retención de talento para o persoal investigador adscrito ao programa “Ramón y Cajal” da convocatoria 2024 vinculado a un centro do Campus de Ourense, que afiancen unha liña de investigación baseada nun proxecto que potencie as liñas de especialización do Campus Auga aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027. 

Requisitos

Características dos proxectos:

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas o persoal investigador que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación pertencente ao Campus Auga da Universidade de Vigo.

Os proxectos realizaranse de forma individual, con un/unha investigador/a principal e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar e deberán enmarcarse nas áreas temáticas, segundo recolle o Anexo III, das liñas de especialización do Campus Auga: Alimentación funcional, Agricultura e Medio Ambiente e Xestión da Auga Termal.

Requisitos específicos do persoal investigador

Requisitos do persoal investigador principal:

O IP deberá cumprir os seguintes requisitos dende a data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata que remate o período de execución do proxecto.

  • Ser persoal investigador adscrito ao programa “Ramón y Cajal” da convocatoria do ano 2024, que tomase posesión efectiva da súa praza nesa categoría na Universidade de Vigo, en centros do Campus de Ourense, antes da publicación desta convocatoria.
  • Non ser investigador/a principal dun proxecto INOU 2026 ou INOU+ POSDOU CAMPUS AUGA 2026.
  • Ningún investigador/a principal poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.

Requisitos do persoal do equipo de investigación:

  • Ter unha relación contractual coa Universidade de Vigo a tempo completo con capacidade para desenvolver tarefas investigadoras ata a data de finalización do período de execución da subvención.
  • O persoal investigador predoutoral contratado co motivo de superar un procedemento de selección de persoal en concorrencia competitiva convocado por calquera entidade do sector público deberá presentar a correspondente autorización de dita entidade.
  • O persoal investigador beneficiario dunha axuda posdoutoral que inclúa un contrato de estadía non poderá figurar como membro do equipo de investigación no transcorrer desa fase do contrato.
  • Desenvolver o seu labor investigador en instalacións do Campus de Ourense, entenderase que a pertenza a unha das xuntas de centro deste campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense durante todo o período de execución do proxecto.
  • Ningún investigador/a poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto.
Documentacion

No modelo de solicitude faranse constar os seguintes datos:

  • Datos do/da investigador/a principal, que será a persoa solicitante da axuda.
  • Datos dos membros do equipo de investigación que deberá ser proporcional coas tarefas a realizar.
  • Obxectivos xerais e específicos, así como o impacto científico-técnico e grao de innovación.
  • Metodoloxía, plan de traballo e descrición e dedicación do persoal investigador asignado a cada tarefa.
  • Plan de comunicación dos resultados.
  • Impacto esperado dos resultados do proxecto relacionado coas áreas temáticas das liñas de especialización do Campus Auga.
  • Orzamento con indicación dos conceptos de gasto.
  • Currículo abreviado relacionado coas áreas temáticas das liñas de especialización do Campus Auga.
Observacións

Para a solicitude empregarase o formulario anexo a esta convocatoria, unha vez cuberto convertirase a formato pdf e asinarase dixitalmente polo/a solicitante.

O/A solicitante presentará o pdf asinado (máximo 10MB) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no procedemento Axudas a proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense, antes do 30.04.2026 ás 23:59 horas.

Información: Oficina técnica de xestión do Campus Auga. xestion.campusauga@uvigo.gal / 988 368 785

Área de apoio á investigación do Campus de Ourense. vic.investigacion.ou@uvigo.gal / 988 368 880  xainvesou@uvigo.gal / 988 387 325

Prazo para resolverTres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace ao procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/43720059
Atrás