Secretaría Uvigo

Bolsa Inicio Máster persoas desempregadas, 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2020_2021 BIM XUNTA
Data inicio solicitudes29/09/2020
Data fin solicitudes28/10/2020
Descripción

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial nas universidades galegas, curso 2020/2021

Requisitos

a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
c) Estar matriculado no curso académico 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos,
excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula previstos
nos artigos 11 e 12 do Decreto 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos
pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema
universitario de Galicia para o curso académico 2020/21 (DOG núm. 145, do 21 de xullo).
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

Documentacion

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos
nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
1. DNI ou NIE da persoa solicitante.
2. DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
3. Vida laboral dos últimos 12 meses.
4. Título universitario oficial español que dá acceso ao máster.
5. Certificado da universidade correspondente en que deberá figurar o máster universitario oficial en que está matriculada a persoa solicitante, os créditos matriculados no curso
académico 2020/21, excluídos os recoñecidos, validados e adaptados, e o importe dos
créditos aboados polo/a alumno/a.
6. Un informe de períodos de inscrición como demandante de emprego expedido pola
correspondente oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, que determinará o número de días de inscrición ininterrompida ata a data de finalización do prazo de
presentación de solicitudes.

7. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal
da Administración Tributaria.
8. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
9. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no
recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos
citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos
correspondentes 

Observacións

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32016
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Atrás