Axudas para estadías en entidades vinculadas ao “Programa Colmea de Ideas" para o desenvolvemento de TFG e TFM no curso 2026/2027
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2026_2027_Colmea de ideas |
| Data inicio solicitudes | 22/06/2026 |
| Data fin solicitudes | 15/09/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | OBXECTO O obxecto desta convocatoria é establecer unha conexión entre os traballos de fin de grao (TFG) e/ou traballos de fin de máster (TFM) do estudantado da Universidade de Vigo e os retos reais propostos por empresas, proxectos de emprendemento ou iniciativas empresariais emerxentes da nosa comunidade autónoma. A través do Programa Colmea de Ideas, búscase que o estudantado desenvolva, aplique e demostre os coñecementos, capacidades e competencias adquiridas ao longo da súa formación académica mediante a elaboración do seu TFG ou TFM, contribuíndo con solucións ou melloras a necesidades concretas das entidades participantes. A colaboración terá un carácter formativo e deberá cumprir coa normativa interna da Universidade de Vigo sobre traballos de fin de estudos, así como coas cláusulas do convenio específico de colaboración asinado para tal fin. Establécense dúas modalidades en función das características das entidades, cun máximo de 9 bolsas en cada unha delas:
|
| Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
|
| Documentacion | 1. A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na Secretaría virtual da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index na que deberá rexistrarse e seleccionar “TFG/TFM Colmea de ideas” 2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 15 de setembro do 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 3. No formulario en liña achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación: O estudantado que non teña nacionalidade española:
No caso do estudantado procedente do sistema de protección á infancia e adolescencia deberá presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma. Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión. |
| Observacións | OBRIGAS Son obrigas das persoas bolseiras:
|
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web de bolsas: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=6DB53AD720E68AF26502F94AE7241902?idtaskdata=52151772 |