| Tipo | Premios |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026 Red. Textos Galego |
| Data inicio solicitudes | 13/07/2026 |
| Data fin solicitudes | 15/09/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15494 |
| Descripción | 1. OBXECTO A presente convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo como acción destinada a cumprir o obxectivo 5 «Impulsar a internacionalización e a multiculturalidade», incentivando o uso do galego nas teses de doutoramento, nos traballos de fin de grao e de mestrado universitario realizados polo estudantado da Universidade de Vigo, así como premiarmos o esforzo e o rigor de darlle un tratamento coidado ao idioma e incrementar o patrimonio dos textos redactados.
PREMIOS E CUANTÍAS:
- En primeiro lugar, outorgaráselles a axuda ás solicitudes admitidas de teses de doutoramento. No caso de que o orzamento non sexa suficiente ordenaranse por nota media de expediente académico de grao/ licenciatura/enxeñaría/enxeñaría técnica ou equivalente (polo que accedeu ao doutoramento) ou ben a nota media da declaración de equivalencia. En caso de non presentar a equivalencia entenderase que a nota media é 5,00. A esta nota sumaráselle 0,25 puntos adicionais se a persoa solicitante acredita estar en posesión dalgún título de máster universitario. No caso de ter rematado varios estudos de máster só se computará un.
- Se non se esgota o orzamento dispoñible, o crédito restante repartirase entre os TFG/TFM que cumpran os requisitos ordenados por nota do traballo. No caso de empate adxudicaráselle á persoa con maior nota media do expediente académico.
- Só se poderá obter un premio por persoa nesta convocatoria.
|
| Requisitos |
- Atoparse nalgún dos seguintes casos:
- Posuír nacionalidade española.
- Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
- Posuír nacionalidade fóra da EU e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
- Presentar e defender a tese de doutoramento (TD), o traballo de fin de grao (TFG) ou o traballo de fin de mestrado universitario (TFM) na Universidade de Vigo entre o 16 de setembro de 2025 e o 15 de setembro de 2026.
Quedan excluídos os TFG das seguintes titulacións:
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos literarios (módulo de lingua galega)
- Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
- Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Francés)
- Presentar a declaración do director/a da TD ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu integramente en lingua galega segundo o modelo do anexo ii.
- No caso do TFG e do TFM obter unha cualificación mínima de 8.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. |
| Documentacion | SOLICITUDE:
- As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña na seguinte ligazón https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/15494, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica estudantes (SXER) existente na sede (enlace), e pór como asunto «Axudas para redactar TFG/TFM/TD en galego» e achegará unicamente o formulario coa solicitude.
O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (artigo 66.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a presente a través da sede electrónica.
- O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte de publicarse esta convocatoria e rematará o 15 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
- No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica):
- Declaración do director/a da TD ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu en lingua galega (anexo II).
- Copia en formato PDF da TD, do TFG ou do TFM, ou ligazón ao repositorio.
- O estudantado que non teña nacionalidade española:
- Documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
- Tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos) de cidadán/a extracomunitario.
- No caso de estudos cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo:
|
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria |
|
|
| Ligazóns da convocatoria |
| Teléfono: |
986 81 40 94 |
| Correo electrónico: |
bolsasformacion@uvigo.es |
| Web:: |
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
| Enlace ao taboleiro: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=52764048 |