Secretaría Uvigo

Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións para o estudantado dos mestrados, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Premios Mestrados
Data inicio solicitudes22/07/2021
Data fin solicitudes30/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238916
Descripción

OBXECTO:

Recoñecer e incentivar ao alumnado con aproveitamento académico excelente nos mestrados que se detallan de seguido,

PREMIOS:  

- 2 premios no mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

- 4 premios no mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde

- 2 premios no mestrado interuniversitario en Lingüística Aplicada

CONTÍA:

  • Mestrado de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións: 250 €  
  • Mestrado de Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde: 250 € 
  • Mestrado de Lingüística Aplicada:
    • 300 € para o 1º premio
    • 200 € para o 2º premio

 

Requisitos

A)Estar matriculado no curso 2020/2021 nos mestrados:

  • Interuniversitario de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
  • Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde
  • Interuniversitario en Lingüística Aplicada

B) Presentar e superar o TFM no curso 2020/2021

Documentacion

SOLICITUDE:

Deberán empregar o formulario en liña do procedemento SBOL- Premios aos mellores expedientes académicos nos mestrados: Estudos Ingleses Avanzados, Dirección e Planificación Turismo Interior, e Lingüística Aplicada existente na sede electrónica no catálogo de procedementos: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238916

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación, no caso do mestrado de dirección e planificación do turismo interior e da saúde:

  • Currículo
  • Cursos acreditativos de coñecementos relacionados co plan docente do mestrado, de ser o caso

PRAZO:

Comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e rematará o 30 de setembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Observacións

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias deberán encher  o formulario en liña de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

14/10/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 28 de outubro ás 23:59 h (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros, as causas de exclusión ou a falta de documentación.

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás